Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2017.

O Gabinete do Doctor Caligari. 1920. Cine Expresionista

El gabinete del doctor Caligari (1920) from Diosas de las Sombras on Vimeo.

O gabinete do doutor Caligari (titulada originalmente en alemán Dás Cabinet deas Dr. Caligari) é unha película muda de 1920 dirixida por Robert Wiene, a partir dun guion cinematográfico de Hans Janowitz e Carl Mayer.

A cinta é considerada como a primeira película expresionista da historia e unha das películas expresionistas alemás máis influintes. O expresionismo foi unha idade dourada do cine, onde os maiores representantes foron: Fritz Lang, Georg Wilhelm Pabst, F.W. Murnau e Paul Wegener. O expresionismo influiría logo, por exemplo, en Alfred Hitchcock.

Esta película é citada como a primeira que introduciu o xiro argumental ("volta de tuerca") no cine. Foi unha das primeiras películas producidas nos estudos alemáns UFA. Destacan os decorados distorsionados, que crean unha atmosfera amenazante, polo que é considera unha das mellores películas de terror de todos os tempos.

A película trata dun doutor chamado Caligari famoso en toda Alemania grazas a Cesar, o seu axudante. Este estivo durmido durante 23 anos e converteuse no fiel compañeiro de Caligari. Ambos chegan ao pequeno pobo alemán de Holstenwall para mostrar o seu número. Mentres tanto, Francis e o seu amigo Alan deciden ir ata alí para ver o impresionante espectáculo do doutor Caligari. Tralo show, Cesar asegura a Alan que morrerá antes do amencer. Sorprendentemente, a profecía cúmprese e Alan morre. A partir deste momento, Francis comeza a investigar quen é realmente o doutor Caligari e que se agocha tras ese estrano espectáculo.



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris