1º Ilustrando pequenos textos
Esta 1ª publicación é o comezo dunha serie que quere facer este departamento para dar a coñecer o traballo do alumnado que se atopa no 2º de bacharelato de Artes plásticas, deseño e imaxe no noso IES. Queremos darlle un empurrón á dedicación, coidado e bon facer na súa aprendizaxe técnica e sensibilidade artística. Ademáis é editado en papel unha copia para que quede como lembranza do seu paso por este bacharelato e centro de ensino. Eles/elas son os/as protagonistas e polo tanto é unha especie de memoria do que foron quen de debuxar, ensaiar e deseñar na súa estadía desta etapa. A gozalo!
O departamento
0 comentarios