NELSON MANDELA
A morte de Nelson Mandela non supón unha perda só para Sudáfrica. É unha perda para todas as persoas deste mundo que loitan pola liberdade, a xustiza e para acabar coa discriminación.
"Como líder mundial que se negou a aceptar a inxustiza, a coraxe de Nelson Mandela contribuíu a cambiar todo o noso mundo", afirmou Salil Shetty, secretario xeral de Amnistía Internacional. "A súa morte deixa un enorme baleiro, non só en Sudáfrica, senón en todo o mundo".
"O compromiso de Nelson Mandela cos dereitos humanos resúmese na sua inquebrantable vontade de erradicar a desigualdade racial durante o apartheid, así como o seu labor vital na loita contra o VIH/sida en Sudáfrica. O seu legado en África, e en todo o mundo, perdurará durante xeracións."
A súa vida de loita política e abnegación constitúe un exemplo para millóns de persoas en todo o mundo. Extraordinarios foron o seu talante baixo presión, a súa valentía e a súa integridade, e o seu compromiso coa reconciliación e o perdón fronte á vinganza e o odio.
por iso merecería millóns de entradas niste blogue, que é o voso, que é de educación pola e para a paz tamén. Un símbolo para tod@s de coraxe, candor e loita pola xustiza universal. Espero que vos interesedes por él e os seus ideas a través deste pequeno minidocu. Boa ponte da constitución.
0 comentarios