DEDUXO E PINTURA /Curso/ Prácticas degradado e difuminado
Neste video podemos ver os procesos de difuminado de debuxos de obxectos con carboncillo e tamén con lápices de carbón, sanguina...Un traballo ben resolto nestas técnicas ten que incluir as diferentes valoracións lumínicas do tema e polo tanto haberá que practicar cos diferentes graos de dureza dos lápices e no caso do carboncillo, de repaso e difuminado do producto no papel. As luces finais poden facerse con brancos. Aquí utilizan tamén a sanguina que é parecida ao carboncillo pero de cor marrón. A maneira de traballar é a mesma. Fixémonos en que primeiro hai que encaixar o tema a representar no formato elixido. O papel seguramente é Ingres para carboncillo.
0 comentarios