Blogia
PLASTICANDO

DEBUXO ARTISTICO

Feet of Song de Erica Russell. Técnica debuxo a debuxo

Dibuxar unha cabeza. Parte 2/4 con David Sheep

Como debuxar unha cabeza. Proporcións

debuxo retrato do natural con David Jamieson

De onde saen as cores sintéticas

neste pequeno video, podedes ver o proceso que se utiliza a nivel industrial para crear todo tipo de cores sintéticas. A utilización de materiais de diversa procedencia e o seu tratamento en fábricas especiais e factorías determinadas con diversos procesos químicos. Moi interesante

Os comezos da arte (O debuxo)

Neste documental da BBC (en inglés e con subt en castelán) fálase das orixes do debuxo, dos comezos nos que o ser humano utilizou o debuxo para a representación do mundo que lle rodeaba.

Códigos das Formas

Interesante documental da BBC onde se explican algunhas das claves formais na natureza. Para debuxo artístico e técnico.

Uso da liña na Animación

A liña é unha serie de televisión italiana creada por Osvaldo Cavandoli a finais dos anos 1960. Trátase dunha serie animada na que cada episodio dura uns dous ou tres minutos. Por regra xeral cada episodio comeza cunha man humana filmada en imaxe real, a do debuxante da liña, que debuxa a un personaxe a man alzada sobre unha liña horizontal que fai ás veces do chan sobre o que camiña devandito personaxe. Ao camiñar o personaxe atópase con obstáculos e a miúdo recorre ao debuxante para sortealos. A cor do fondo cambia en función dos estados de ánimo do personaxe pero a maior parte dos episodios son en branco e negro. Este debuxo animado foi usado orixinariamente en anuncios comerciais antes de converterse nunha serie animada. No ano 1969 Cavandoli crea o personaxe para o anuncio comercial dunha compañía que vendía artigos de cociña. O personaxe logo foi simplificado, por exemplo deixáronse ao carón as cores e os detalles, e así o público podía concentrarse nas súas accións. En cada episodio o personaxe adoita saudar ao animador, empezar a camiñar e usualmente dar cun obstáculo. Un obstáculo recurrente é un abrupto fin de liña. O personaxe, cuxa voz era interpretada por Carlo Bonomi, adoita enfadarse e queixarse, mentres o animador debúxalle unha «solución». Nese momento móstrase a man real e o lápiz do animador ao debuxar.

Rosendo Cid presenta o seu libro de debuxos e reflexións:

Curtametraxe de acuarela

Nesta curta da artista Mary Oldlife dun minuto e que lle levou 3 meses de realización podemos ver aquelo que estamos a traballar no bacharelato, tanto en debuxo como en técnicas: as relacións existentes entre o espazo cheo e o baleiro, na configuración da forma. A cor e a súa luminosidade ou saturación, os planos e as liñas como configuradores da forma...

Debuxos vivos

Cada cabalete nunha Clase de debuxo capta un ángulo diferente do Modelo.
Creouse a película mediante a Edición de cada debuxo co seguinte, movéndose ao arredor do Círculo formado polas posicións dos cabaletes dos/as alumnos/as. Un video que te deixará abraiado/a

Demostracion Curso de Dibujo e Ilustracion por José Llobera

Demostracion curso Jose Llobera.

AUTORRETRATOS EN PAPEL INGRES. 2º BAC DEBUXO

Neste video, veredes o proceso de elaboración dos traballos que os/as alumnos/as de 2º do bacharelato de Artes do IES Ramón Mª Aller Ulloa, fixeron durante os meses de outono e novembro de 2013 baixo a tutela do profesor do departamento sebas rozas. Estes traballos inclúen diferentes aprendizaxes contemplados para este nivel do bac na materia de debuxo artístico II. Os materiais de debuxo máis utilizados son: os diferentes carboncillos en tamaño e forma, lápiz conté, difuminos, lápiz, goma moldeable, trapos e paciencia moita paciencia. A través de varias fases que van desde a realización da fotografía retrato, pasando polo encaixe da cabeza no papel de 100 x 70 cms, ata o acabado final, este tipo de exercicio é moi completo, pois entran en xogo, non só habilidades visuais do alumnado cando analizan e comprenden estas fases, os matices de luz, tonalidades dos grises e funcionamento dos materiais, se non que se inculca os valores sobre o gusto polo traballo ben feito, a paciencia e o esforzo. O resultado deste proceso foi grabado durante varias sesións en stopmotion e aquí o tendes. A desfrutalos!

O Graffiti. historia breve.

Desde a prehistoria ata a arte e a publicidade de hoxendía, pasando por Nova York nos anos 60. Desfruta da historia do graffiti condensada en 3 minutos.

Autorretratos carboncillo 2º BAC de ARTES. 2013

Nesta presentación de fotografías podemos ver os traballos expostos no centro do alumnado de 2º de bacharelato de artes plásticas feitos durante as clases da materia de debuxo artístico II durante o mes de xaneiro e febreiro. Uns autorretratos de tamaño 100x70 cm que fixeron as delicias de tódalas persoas que os puideron ver, tanto alumnado como profesorado. A técnica do carboncillo é moi útil para recrear os diferentes gradientes de luz e de sombras en traballos realistas.

Un exemplo en video de anamorfoses

 

Brusspup ha creado este video que muestra varias ilusiones anamórficas (éstas son planas y están estiradas, pero dan una sensación de relieve cuando son vistas desde un determinado punto de vista). Nos ofrece las plantillas en archivos de alta resolución para descargar e imprimir en casa.

Facer unha ANAMORFOSE

Cara o final desta presentación en Slideshare podemos ver como fabricar unha anomorfose a partires dun simple procedemento que calquera de nós pode facer. Os exemplos que se nos ofrecen son sinxelos. Imaxina algo máis elaborado e a fabricar anamorfoses!

Traballos de carboncillo en debuxo artístico II

Traballos de carboncillo en debuxo artístico II

Unha serie de autorretratos feitos polo alumnado de 2º de bac de artes plásticas, deseño e imaxe, no IES. estes traballos forman parte dunha serie de exposicións que o departamento de artes fai durante o curso. Cada un deles corresponden a un/unha alumno/a do 2º curso deste bacharelato. están realizados en carboncillo sobre papel Ingres de 100x70 cm. Que os desfrutedes

Debuxar a figura humana

neste video tutorial poderás observar como se fai unha figura a partires dunhas primeiras liñas estructurais que axudan a compoñer a pose do modelo que se quere representar. A medida que avanza o video podes ver como se van definindo grazas a eses primeiros trazos o debuxo e a figura para posteriormente darlle máis matices e cada vez mellorar o debuxo. O video evidentemente está acelerado pois un debuxo coma este non se fai en este tempo record. Que o desfrutedes e o analicedes como estades aprendendo a facer en clase.