Blogia
PLASTICANDO

DEBUXO ARTISTICO

Aprender a debuxar co lado dereito do cerebro.

Un método que xa fai anos está demostrado como un dos mellores para aprender a debuxar, cunha serie de exercicios fabulosos para practicar e resultados do estudio. Imprescindible nas materias de debuxo en Artes. Podedes botarlle un vistazo á presentación.

TÉCNICAS DE DEBUXO I

TÉCNICAS DE DEBUXO II

Debuxo Artístico. Tronco de muller e home, e diferenzas no debuxo.

Graffiti e anamorfosis

A comunidade hispánica "boamistura" organizou un proxecto de arte nas favelas de São Paulo para traspasar valores usando as pinturas e a cor, introducindo palabras que significan moito e son moi importantes para ese lugar como "beleza" ou "orgullo" entre outras. co truco visual e gráfico da anamorfose moi ben feita podemos descubrir unha fotografías ben interesantes e fermosas. poderíamos facelo nós tamén. Podedes ver as fotografías dos traballos nesta páxina:

Fotos proxecto "Luz nas Vielas"

ou na imaxe.


Debuxos a Lápiz de manuel franquelo na galería Malborough

Coa técnica de Lápiz sobre táboa ou papel e aguadas pódense conseguir cousas tan realistas coma estas dun gran artista. Para ir desfrutando do debuxo artístico.

Comezos de Debuxo. O Modelado das formas e o volumen no debuxo

DEDUXO E PINTURA /Curso/ Prácticas degradado e difuminado

Neste video podemos ver os procesos de difuminado de debuxos de obxectos con carboncillo e tamén con lápices de carbón, sanguina...Un traballo ben resolto nestas técnicas ten que incluir as diferentes valoracións lumínicas do tema e polo tanto haberá que practicar cos diferentes graos de dureza dos lápices e no caso do carboncillo, de repaso e difuminado do producto no papel. As luces finais poden facerse con brancos. Aquí utilizan tamén a sanguina que é parecida ao carboncillo pero de cor marrón. A maneira de traballar é a mesma. Fixémonos en que primeiro hai que encaixar o tema a representar no formato elixido. O papel seguramente é Ingres para carboncillo.

como deseñar uns patíns

Proceso de traballo sobre siluetas de persoeiros do Deza.

Open publication - Free publishing - More dibujo. Aquí temos o libriño de explicación do proceso de traballo seguido para a realización de siluetas a un tamaño máis que aceptable para calquera que queira facelo. é moi sinxelo pero leva o seu tempo. Agora só nos queda pasalo a unha parede mediante as plantillas que fixemos...

Elemento configurador da imaxe. A liña

La línea
View more presentations from Mario Ibarra (Paté). Debuxo Artístico I: Nesta presentación en slideshare vemos as características da liña e como elemento configurador dunha imaxe. A importancia que ten para o debuxo artístico e as diferencias entre os tipos e direccións no debuxo e na arte. As súas aplicacións e os tipos máis comúns. 

Elementos do Debuxo Artístico