Blogia
PLASTICANDO

OBRADOIRO STOP-MOTION ANIRMAU 13 no IES Ramón Mª Aller Ulloa.

Video resumen do realizado durante o obradoiro de stop motion que impartiron no ANIRMAU 13 Virxiania Curiá e Tomás Conde de Algarabía produccións. O alumnado que puido traballar durante este obradoiro foron os de 1º e 2º do bacharelato de artes plásticas deseño e imaxe do IES Ramón Mª Aller Ulloa. Mediante unha serie de ferramentas como monitores, cámaras web ou cámaras fotográficas, e con materiais como cartulinas, rotuladores e pegamento o alumnado foi quen de crear unha serie de minicurtas de animación mediante o proceso de fotograma a fotograma. O proceso de animación deste tipo, en 2D foi coñecido e practicado de primeira mán polo alumnado que desfrutou durante unhas horas dun tipo de creación que pretende dar a coñecer desde fai xa tempo este Festival que está a ser unha referencia a nivel mundial. Espero que vos engaiole e que o desfrutedes.

0 comentarios