Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2015.
Códigos das Formas
Interesante documental da BBC onde se explican algunhas das claves formais na natureza. Para debuxo artístico e técnico.
Os comezos da arte (O debuxo)
Neste documental da BBC (en inglés e con subt en castelán) fálase das orixes do debuxo, dos comezos nos que o ser humano utilizou o debuxo para a representación do mundo que lle rodeaba.
Libros gratis da BAUHAUS

Tras case 100 anos desde o seu fundación, Monoskop dedicouse a recoller algúns dos títulos da escola Bauhaus que se publicaron (en inglés e alemán) e que agora podes descargarte gratis no seu web.
Entre os títulos poden atoparse libros de arquitectura, fotografía e ata periódicos. E entre os autores, destacan pintores como Kazimir Malévich ou arquitectos como Jacobus Johannes Pieter Oud. Tamén se recollen publicacións escritas polo propio Walter Gropius.
Técnicas de debuxo
Nesta presentación podemos ver as diferentes técnicas que se utilizan na creación de calquera temática no debuxo artístico.
O gran libro do debuxo en slideshare
Aquí temos unha edición da editorial Parramón dun libro sobre todo o que é e significa o Debuxo, as técnicas, os materiais, pasando por diferentes aspectos relacionados ao redor do debuxo.
Como se fai unha crónica en tv dunha noticia pasada
Como estamos a ver o tema da imaxe nos diferentes medios, escritos e audiovisuais: prensa, revistas, publicidade, cine e tv e estamos a falar das súas características e dos aspectos que interveñen en cada un dependendo da canle, dos contidos e das mensaxes ven ben por un exemplo de como se trata por exemplo unha noticia (niste caso algo que xa sucedeu hai anos en Galicia) e o seu tratamento nunha canle como a tv e nun formato como a crónica-resumo daquela noticia tan grave para todos e todas: O afundimento do Prestige.
De onde saen as cores sintéticas
neste pequeno video, podedes ver o proceso que se utiliza a nivel industrial para crear todo tipo de cores sintéticas. A utilización de materiais de diversa procedencia e o seu tratamento en fábricas especiais e factorías determinadas con diversos procesos químicos. Moi interesante