Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2013.
que lle ocorre ao cerebro cando improvisa
Traballos de carboncillo en debuxo artístico II

Unha serie de autorretratos feitos polo alumnado de 2º de bac de artes plásticas, deseño e imaxe, no IES. estes traballos forman parte dunha serie de exposicións que o departamento de artes fai durante o curso. Cada un deles corresponden a un/unha alumno/a do 2º curso deste bacharelato. están realizados en carboncillo sobre papel Ingres de 100x70 cm. Que os desfrutedes
Facer unha ANAMORFOSE
Cara o final desta presentación en Slideshare podemos ver como fabricar unha anomorfose a partires dun simple procedemento que calquera de nós pode facer. Os exemplos que se nos ofrecen son sinxelos. Imaxina algo máis elaborado e a fabricar anamorfoses!
Un exemplo en video de anamorfoses
Brusspup ha creado este video que muestra varias ilusiones anamórficas (éstas son planas y están estiradas, pero dan una sensación de relieve cuando son vistas desde un determinado punto de vista). Nos ofrece las plantillas en archivos de alta resolución para descargar e imprimir en casa.
Colaxes en papel do ilustrador Ojala Eiko

Concentremonos no bo ilustrador Ojala Eiko (Estoniano) que creou fermosas colaxes de papel con cores diferentes que nos ofrece para composicións de éxito. Personaxes diferentes e unha selección do seu traballo na súa longa experiencia. Para descubrir máis neste enlace:
Que o desfrutedes!
Lorenzo Mattotti. Minidocu do proceso de traballo.
Neste mini documental, o ilustrador e artista Lorenzo Mattotti, fálanos do seu proceso de traballo e das claves para interpretar a súa obra. Considera a cor como un pilar fundamental do seu traballo. Axúdanos a comprender mellor os procesos creativos nos que se adentra e explicanos cómo vai configurando as imaxes que darán vida a un libro ilustrado ou banda deseñada. Tamén nos aporta as claves coas que traballan os artistas, a influencia da arte, o mundo que o rodea...
O artista concreta tamén moitos aspectos interesantes dos que soemos falar nas nosas aulas de arte: a composición, os planos, a luz, a cor...
O video está en francés e tamén os subtítulos. (Pero como él é italiano o que dí é moi doado de entender). Seguro que vos encanta como foi no meu caso. Que o desfrutedes!
CONCURSO InvestigArte

Dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación profesional
Investigarte foi ideado por un grupo de investigadores apaixonados da fotografía e a súa utilidade para explicar ás novas xeracións e á sociedade en xeral, as innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas aos seus proxectos científicos.
O concurso está organizado por educaBarrié (a canle de comunicación coa comunidade educativa da Fundación Barrié), Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela) ,e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS); todos eles co obxectivo principal de achegar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade, a través dun concurso que pretende activar a visión artística e creativa da ciencia de alumnos diso, Bachillerato e Formación Profesional así como dos propios investigadores.
TODA A INFORMACIÓN PRECISA: aquí
ESPERO QUE VOS PRESENTEDES E O PASEDES PIPA FACENDO AS FOTOS!