Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2013.

Intaglio. técnicas de grabado calcográfico

Neste video podemos ver algúns dos procesos máis comúns que están dentro do denominado Intaglio. É unha palabra italiana que procede á súa vez da orixinal tagliere (tallar con cincel) e que ven a ser o proceso polo cal transferimos a un papel unha imaxe previamente elaborada. Mediante plancha metálica entintada e onde existen surcos impregnados de tinta podemos con un tórculo transferir a imaxe creada con presión. No vídeo temos a explicación de diferentes técnicas dentro do intaglio, punta seca, augaforte, augatinta...que o desfrutedes.

ARDALÉN de Miguel Anxo Prado-Premio salón do cómic de Barcelona 2013

A propósito do premio que se acaba de levar o debuxante galego Miguel Anxo Prado, póñovos aquí un documental que ven máis que pintado para esta ocasión. Celebramos no departamento este premio a un dos mellores artistas galegos estamos seguros de que este video vos vai a gustar e engaiolar desde o comezo. Fálase das técnicas e da maneira de pensar, de creatividade e reflíctese nel o noso pensamento, e o voso seguro...que o desfrutedes.



OBRADOIRO STOP-MOTION ANIRMAU 13 no IES Ramón Mª Aller Ulloa.

Video resumen do realizado durante o obradoiro de stop motion que impartiron no ANIRMAU 13 Virxiania Curiá e Tomás Conde de Algarabía produccións. O alumnado que puido traballar durante este obradoiro foron os de 1º e 2º do bacharelato de artes plásticas deseño e imaxe do IES Ramón Mª Aller Ulloa. Mediante unha serie de ferramentas como monitores, cámaras web ou cámaras fotográficas, e con materiais como cartulinas, rotuladores e pegamento o alumnado foi quen de crear unha serie de minicurtas de animación mediante o proceso de fotograma a fotograma. O proceso de animación deste tipo, en 2D foi coñecido e practicado de primeira mán polo alumnado que desfrutou durante unhas horas dun tipo de creación que pretende dar a coñecer desde fai xa tempo este Festival que está a ser unha referencia a nivel mundial. Espero que vos engaiole e que o desfrutedes.

THOUGHT OF YOU, de Ryan Woodward

Un video de animación simplemente para desfrutar. Unha fermosura de debuxos (utilización coa técnica da rotoscopia seguro) e acompañada dunha fermosísima canción. que o desfrutedes.



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris