Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2012.
Aprender a debuxar co lado dereito do cerebro.
Técnicas: Acuarela
Neste vídeo sinxelo, veremos os materiais usados na técnica da acuarela, os xeitos máis básicos e técnicas variadas no uso da acuarela.
Técnicas: Pastel
nete video veremos oa técnica do pastel dunha maneira amena e doada, a utilización da técnica nas súas fases básicas, tipo de papel axeitado, como se presenta o material e os xeitos de facer máis habituais.
Técnicas: Acrílico
Neste video veredes unha introducción á técnica do acrílico.
Técnicas de grabado
neste vídeo móstranse as técnicas de grabado máis habituais e resumidas. O grabado calcográfico, en madeira e en metal, ademáis a litografía e a serigrafía.
Páxinas web desde plantillas
neste enlace podedes facer a vosa páxina web desde unha serie de plantillas que nos ofrece esta empresa. Está en varios idiomas e proponnos unha serie de deseños moi actuais e para todolos gustos e tendencias clasificados por actividades ademáis.
Enlace aquí: http://pt.wix.com/
Animación do artista e productor Maxime Bruneel
Neste vídeo veremos unha animación do artista e productor Maxime Bruneel que mostra toda a súa capacidade creativa desde a ferramenta máis básica da plástica como é a do debuxo, e que serve para acompañar o tema Your Love do grupo The Aston Shuffle. Ollade que parecen bocetos e apuntes onde a tipografía forma parte fundamental desta peza artística. Que o desfrutedes esta finde semana meus!
Debuxar a figura humana
neste video tutorial poderás observar como se fai unha figura a partires dunhas primeiras liñas estructurais que axudan a compoñer a pose do modelo que se quere representar. A medida que avanza o video podes ver como se van definindo grazas a eses primeiros trazos o debuxo e a figura para posteriormente darlle máis matices e cada vez mellorar o debuxo. O video evidentemente está acelerado pois un debuxo coma este non se fai en este tempo record. Que o desfrutedes e o analicedes como estades aprendendo a facer en clase.
Historia do deseño
Unha boa presentación sobre a historia do deseño. É moi completo pois vai desde os comezos ata os nosos días incluindo un apartado final de deseño español.
Historia deseño industrial
outra presentación sobre a historia do deseño industrial
Silla-cama
Parece un saco de durmir e sen embargo é moi doado conseguir algo máis del. É realmente flexible para que un poida manipulalo con facilidade. Apoiado sobre un tambor pódese enrolar sobre sí mesmo, dándolle unha pequena volta. É unha poltrona e un elegante asento ademáis de se transformar nunha cama. Ide mirando destas ideas na materia de deseño de 2º de bac. As ideas sinxelas e creativas son moi interesantes. para chegar a elas haberá que pasar varias fases do proceso en deseño.
O deseño é de que ten esta páxina propia: