Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2012.

curtametraxe de Lucas zanotto

En Nova York, o alcalde Bloomberg defendeu recentemente algunhas restricións controvertidas sobre a venda de bebidas gasosas azucaradas, o que desatou debates acerca de cando o goberno debe intervir para protexer a saúde dos cidadáns.
Aínda que non todos están de acordo acerca das tácticas do Sr. Bloomberg, os riscos para a saúde das bebidas gasosas azucaradas son evidentes. Ou polo menos deberían ser. Nun esforzo por difundir o coñecemento sobre os temas e empresas que fabrican estas bebidas, o Centro para a Ciencia no Interese Público lanzou unha campaña baixo o título Os Osos de Verdade. A animación é de Lucas Zanotto, un dos mellores animadores actuais. Aquí volo deixo. Cunha banda sonora alternativa de Jason Mraz.

A Barbie e os iconos da arte

A Barbie é a miúdo criticada por ser demasiado loura, demasiado superficial, demasiado delgada, demasiado "mercadotecnia ideal". É precisamente este perfil tan famoso que a artista Jocelyne Grivaud quería aplicar na súa obra, apropiándose ademáis de outras imaxes icónicas, nunha especie de show "persoal" facendo que o aniversario da súa boneca favorita se superpoña á visión dos artistas cuxo traballo lle gustaba especialmente. Neste blog dela hai un bo puñado delas moi interesantes:

http://www.barbiemamuse.com/barbie_galerie.php

Adivinade cales son dun golpe de vista rápido. Á dereita de cada unha tendes información da historia da arte, dos artistas etc.

Como estamos perto do Nadal, creo que é un bon regalo para tod@s.



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris