Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2011.

Documental Diseño Industrial 2010 - IED Madrid

Documental Diseño Industrial 2010 - IED Madrid from ivanvidal on Vimeo.

Este Documental é o produto final do Workshop Documental de TESE o cal reflicte o enfoque que fan os nosos alumnos sobre a MOBILIDADE en Madrid e como estes utilizan as infraestruturas e recursos xa existentes para mellorar as condicións de transito para habitantes e turistas.

MOBILIDADE en Madrid non é deseñar un vehiculo. O briefing do proxecto estableceu tres ámbitos sobre os que traballar, mobiliario urbano, Deseño de utilidade pública e sistemas de mobilidade para servizos públicos e sociais.

Este proxecto, guiado polo deseñador Martin Birtel, propón máis de 15 solucións á mobilidade basandose en diferentes aspectos e condutas típicas da cidade, por exemplo, os fluxos de turistas, zonas turísticas, a auga potable, parques e zonas verdes, mascotas, bicis, etc.

Participaron: LuisNavarro, Nico Poggetti, Lucas Vazquez, Cristina Pedroso e Guillermo Mascort
Asistente de Vídeo: Lucas Vazquez
Produción e Dirección de Vídeo: Mario Pagán

Dirección de Escola de DESIGN: Ivan Vidal
Coord. Deseño Industrial: Carlos Lopez

24/10/2011 12:38 plasticanxo Enlace permanente. sin tema

taller de creación a travesa en compostela

 

Este espazo está situado no número 17 da rúa A Travesa en Santiago de Compostela. ata o de agora, 19 artistas de diferentes disciplinas, comparten un obradoiro de creación e de exposición. entre eles está o voso profesor do departamento de debuxo. Hai persoas de diferentes nacionalidades e cada quen desenvolve o seu xeito de traballar con colaboracións puntuais entre eles. Pódese visitar de 19:00 hrs a 22:00 de luns a venres e ver traballar aos que estean nese momento, ademáis das exposicións colectivas e individuais que se mostran. estades invitados/as todos/as a pasarvos por alí.

DEDUXO E PINTURA /Curso/ Prácticas degradado e difuminado

Neste video podemos ver os procesos de difuminado de debuxos de obxectos con carboncillo e tamén con lápices de carbón, sanguina...Un traballo ben resolto nestas técnicas ten que incluir as diferentes valoracións lumínicas do tema e polo tanto haberá que practicar cos diferentes graos de dureza dos lápices e no caso do carboncillo, de repaso e difuminado do producto no papel. As luces finais poden facerse con brancos. Aquí utilizan tamén a sanguina que é parecida ao carboncillo pero de cor marrón. A maneira de traballar é a mesma. Fixémonos en que primeiro hai que encaixar o tema a representar no formato elixido. O papel seguramente é Ingres para carboncillo.

Debuxos a Lápiz de manuel franquelo na galería Malborough

Coa técnica de Lápiz sobre táboa ou papel e aguadas pódense conseguir cousas tan realistas coma estas dun gran artista. Para ir desfrutando do debuxo artístico.



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris