Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2011.

Presentación Anirmau 11 oficial

Se Hollywood é a meca do cine, do 25 ao 30 de abril ese título podería ostentalo Lalín. Polo menos se falamos do cine de animación. A capital acollerá o I Festival Didáctico de Animación Anirmau 11, que dá continuidade a dúas iniciativas previas desenvolvidas con menor dimensión no instituto Ramón María Aller, que segue organizando o certame con Severiano Casalderrey como referente. Nesta ocasión presentáronse 232 traballos de 38 países de catro continentes, dos que se seleccionaron 112 para a competición. Unha cifra espectacular que superou con fartura as expectativas iniciais. Neste enlace podedes ver a noticia na Voz de galicia

 

Nova exposición de SEBAS ANXO. (o voso querido profesor)

A galería de arte Espazo48 presenta a exposición "trans-form.as" do artista Sebas Anxo, que se inaugurará o vindeiro xoves 14 de Abril ás 20.00 horas e permanecerá aberta ata o 3 de Xuño do presente ano.

Sebas Anxo (A Modia, Cambados, 1971) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realiza as súas primeiras exposicións no ano 1992. Destacamos entre estas a última realizada na Galería Espazo48 en 2007 "olor-d-olor", así como a celebrada na Sala Araba da Caixa Vital de Vitoria en 2004. participou en diversas mostras colectivas, entre elas na "Mostra luso-galaica d´arte contemporânea no Espaço Adrat de Chaves (Portugal) en 2002; a 1º Gran Mostra de Pintores Galegos Actuais en Galería Galicia Arte de Ourense, no mesmo ano; e Botón de Mostra no Museo de Roberto Raggio en Bos Aires (Arxentina) en 1999. recibiu ao longo da súa carreira diversos recoñecementos, entre eles a bolsa de Valdearte en 1999, así como un accésit no III Premio Pintura Eixo Atlántico en 2001.

O novo proxecto que presenta en Espazo48 insiste no collage como medio de expresión esencial, complementando este con pintura, debuxo e outras técnicas que converten a súa obra nunha interesante combinación baseada na técnica mixta. Continúa o artista a súa indagación sobre as formas, profundando cada vez máis na transformación paulatina que van sufrindo os personaxes que aparecen e desaparecen no soporte, entre as distintas capas de papel.

Podedes ver a presentación da mostra, neste enlace da galería de arte Espacio 48

12/04/2011 13:36 plasticanxo Enlace permanente. sin tema


Debuxos de artista. Langdon Graves

20110416165114-not-exactly-small.jpg
Descubrimento de Langdon Graves, un ilustrador americano que cun talento especial para o debuxo artístico crea obras sorprendentes. Xogando con moi poucas cores e posturas en situacións minimalistas, unha selección das súas creacións tedes para as descubrir seguindo este enlace da súa web aquí.
16/04/2011 16:34 plasticanxo Enlace permanente. sin tema

Zoon Net. Arte nos dispositivos móbiles

Unha das máis ambiciosas historias de ciencia ficción chega agora aos videoxogos con "Deus Ex Human Revolution". En Zoom Net falamos cos seus creadores para coñecer os segredos desta super-produción. Ademais, probamos a adaptación que os deseñadores da mesa musical "Reactable" fixeron para a tableta iPad. E preguntamos a fotógrafos e músicos sobre as posibilidades artísticas deste tipo de gadgets.

16/04/2011 17:09 plasticanxo Enlace permanente. sin tema


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris