Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2009.
ÓPERA SIEGFRIED
SIEGFRIED from Martin Inda on Vimeo.
Co gallo de que este ano no instituto comezarase unha nova andaina no currículo pois déronlle a posibilidade de facer a modalidade de artes no apartado de artes musicais danza e escénicas, pois subo este ideo que incorpora diferentes aspectos da plástica e das devanditas artes, todas xuntas para un obxectivo común. Impresionante video que non se pode deixar de ver.
FOTOS CREATIVAS DE CHEMA MADOZ
Como estamos co tema "natureza da imaxe" en 1º de Bac, na asigantura de Cultura audiovisual, pareceume interesante porvos unha presentación de fotografías do artista madrileño (1958) Chema Madoz, que traballa coa imaxe dun xeito especial. Propón outros significados aos obxectos dependendo da súa colocación ou por que se asemellan ao que quere expresar e a outros diferentes.
CÓNICA MEDIANTE HOMOLOXÍA
Co tema de Homoloxía podemos solucionar problemas de cónica utilizando poucas liñas no debuxo. Grazas a que utilizamos V como centro desa homoloxía e as rectas LH e LT como límites poderemos resolver dun xeito rápido.