Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2009.
SOBRE O DEBUXO TÉCNICO
figuriñas
Bienvenido
Para empezar a publicar artículos y administrar tu nueva bitácora:
- busca el enlace Administrar en esta misma página.
- Deberás introducir tu clave para poder acceder.
Una vez dentro podrás:
- editar los artículos y comentarios (menú Artículos);
- publicar un nuevo texto (Escribir nuevo);
- modificar la apariencia y configurar tu bitácora (Opciones);
- volver a esta página y ver el blog tal y como lo verían tus visitantes (Salir al blog).
Puedes eliminar este artículo (en Artículos > eliminar). ¡Que lo disfrutes!
A PLÁSTICA NAS AULAS TIC
Existen na práctica da Plástica e Visual na aula coas novas tecnoloxías algo que ata agora non se daba: que o/a alumno/a pode interactuar cos contidos e experiencias da materia. Poderán por os seus comentarios, conseguir datos e contidos novos e compartilos.
EDUBLOGS
Unha páxina que nos facilita moita información sobre edublogs
O BLOG DE ORIENTACIÓN

O Blog de Orientación inclúe information sobre as titulations do sistem universiti.
VERÍN EN INTERNET

Internet é un recurso moi importante para dar a coñecer Verín.
a dirección da imaxe ou link:
http://www.flickr.com/photos/jpereira_net/624654212/
AS COMPETENCIAS e A PLÁSTICA E VISUAL
A HISTORIA DA FOTOGRAFÍA
SOLUCIÓN 3º EXERCICIO BACHARELATO

Tema de curvas cónicas:
Aquí temos a solución ó exercicio que estaba proposto. Fixádevos en que os puntos buscados son centros de circunferencias a 1ª máis pequena están sobre a curva e pertencen ás tanxentes.
RETRATOS 4º DE ESO
Estes traballos son retratos de artistas e personaxes recoñecidos no mundo das artes. cada un/unha buscou o seu retrato e logo fixéronse unha fotografía e colocando a mesma diante súa. O exercicio resulta moi interesante e motivador. Espero que vos guste.
ENLACE CONTIDOS DA HISTORIA DA FOTOGRAFÍA
Nesta Url podedes irvos a o tema da historia da fotografía e consultar autores, científicos e inventos sobre a fotografía. É de Wikipedia pero mireino e está moi ben.
http://es.wikipedia.org/wiki/Historia_de_la_fotograf%C3%ADa
SOLUCIÓN 1º EXERCICIO 2º BAC.

Como se ve, o que había que facer era 1º a circunf focal por F2, atopar o simétrico de F1 cunha perpendicular á recta e buscar unha circunferencia calquera que cortase a CF2. Asía atopamos co corte dos ER1 e ER2 o CR que buscamos. Desde ahí, facer a tanxente a CF2 e Unir eses puntos co foco F2. Na unión atopamos o corte. Aqui aparécevos debuxada a elipse. xa sabedes que non fai falla debuxala, pero así quedan demostrados mellor os puntos de corte.
PPC

Como se ve, as circunferencias tanxentes deben estar sobre a mediatriz de AB, e isto conséguese atopando o CR común a todas. 1º cunha circunf calquera para atopar o eixo radical e utilizando AB como outro eixo. A partires de ahí, 2º atopamos as tanxentes á dada e unimos co seu centro, así atoparemos prolongando sobre a mediatriz os puntos, centros de circunferencias exactas, que buscamos, sendo dúas posibles solucións. Fixádevos que as rectas tanxentes serían de igual potencia, a todas as que vemos, desde CR.
BREVE COMEZO HISTORIA DA ANIMACIÓN
CREATIVIDADE 1
Sir Ken Robinson, fala neste video sobre a educación e a creatividade, e non ten desperdicio
EXPLICACIÓN ÚLTIMO DÍA DE TANXENCIAS ccp

Lembrade que este exercicio é un dos que daría 2 solucións de catro e serve como a solución do problema de Apolonio para 3 circunferencias. Soamente hai que facer que unha das circunferencias pase a ser un punto, neste caso P sería o centro da elixida. Isto faise por dilatación, nun 1º caso sumando o radio e no outro restando. Asía remataríamos con 8 solucións. Ok
1ª OPCIÓN ÚLTIMO DÍA DE TANXENCIAS ccp

Esta é a outra solución. Como podedes ver a O (orixe da homoloxía está atopada polas tanxentes neste caso exteriores) está cara a dereita. Ok
LE VOYAGE DE RORSCHACH
Video creativo de Kobold na técnica animada da rotoscopia. Alucinante transformación dos animais.
ÁNCORA NO ALÉN GRABADO DE SEBAS ANXO
<!-- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->
EXPOSICIÓN NA QUE PARTICIPA O VOSO PROFESOR DE PLÁSTICA
“Áncora no alén 14 gravados e dous poemas para Lugrís”
En 2009 un grupo de artistas plásticos, Branda, Carmen Cierto, Inma Doval, Karlom López, Manoel Bonabal, Manuel Silvestre, o propio Nacho Baamonde, Nando Lestón, Omar Kessel, Roberto Castro, Rubén Fenice, Sebas Anxo, Sindo Cerviño e Víctor Espiñeira, decidiran facer unha homenaxe ao pintor Urbano Lugris, proxecto ao que se uniran con dous poemas Ramiro Torres e cunha abordaxe crítica Carlos Lafuente.
O resultado é este conxunto de gravados e poemas reunidos sobre o nome de “Áncora no alén”, que permaneceu exposta até o 26 de Marzo na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, prevendo percorrer máis espazos por todo o país (finalizará en Novembro-Decembro no Muséu do Gravado de Ribeira).
Só hai vinte exemplares das obras de todos os participantes, dos que catro están aínda á venda para quen estiver interesado.
Os dous poemas de Ramiro Torres:
A ancora baixa en nós
Até a cámara esquecida:
Subitamente respiran
Os animais alí debuxados
Na súa desnudez primeira.
Traen á nosa superficie
Os ollos sabios e verazes,
As súas pequenas árbores
Nacendo sobre as cabezas,
Como a luz serena da
noite En que volvemos, sempre,
Ao inicio do canto da unión.
O ollo multiplícase en rutas infinitas,
Abre o seu diamante labrado na noite,
Entre o respirar dos océanos agochados en si:
Ouve o seu propio caer sobre as cidades
A abrir portas deseñadas no seu abismo.
Toda a forza gardada en séculos vén suxeitar
Os movementos das mans, no seu habitar
Outro tempo assinalador de illas intactas.
Levar, perdendo o peso das nosas
Vidas sobre as areas encantadas,
Ao espazo esculpindo-se transparente,
Chamándonos á luz emerxida ante ti.
Reunir todos estes traballos foi un esforzo frutífero, que permitiu comprobar a vixencia da figura de Lugris na actualidade, esparegida en distintas perspectivas creadoras que pensan no seu exemplo unha das chaves magnéticas con que abrir novos espazos para a imaxinación e a Liberdade, camiños máis precisos aínda estes tempos en que estamos.
ESTUPENDO CORTO DE ANIMACIÓN
<!-- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->
Xenial Leo Bridle. exemplo de arte do xove artista do Stop Motion.