Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2009.

SISTEMA DIÉDRICO 4º DE ESO FÁCIL PDF

Aquí tedes este PDF sobre o sistema diédrico para que votedes unha visual de cómo funciona nos seus elementos principais. Desde a representación dun punto sobre os planos proxectantes, ata as rectas máis importantes.

SISTEMA CÓNICO 4º DE ESO EN PDF

E aquí tedes os apuntes sobre sistema cónico de representación, para que tamén votedes un vistazo. podedes ampliar clicando na imaxe e apareceravos noutra xanela e de ahí ampliar con mandos que o propio issuu ten. Por hoxe no tocante ao debuxo técnico de 4º vale.



APUNTES PDF "NATUREZA DA IMAXE"

Apuntes sobre a natureza da imaxe e sobre os niveis de iconicidade para 1º de Bacharelato na asignatura de Cultura Audiovisual. Podedes ir sobre outros enlaces que teñen que ver con isto e que xa están publicados en vídeos neste mesmo blog ben indo sobre o historial de entradas ou ben indo ao apartado de videos publicados. Lembro que son interesantes os xogos de sentido e de semántica que coas imaxes fotográficas de obxectos fai o artista Chema Madoz, vídeo que xa publiquei fai algún tempo. e que podedes ir nesta dirección: CHEMA MADOZ en youtube.

ESPACIO ATLÁNTICO 2010. Librillo de obras Sebas Anxo

Ensínovos, varias obras nunha especie de librillo en ISSUU, do que posiblemente exporei en Vigo. Esta edición da feira espacio atlántico presenta unha gran cantidade de novidades respecto ás tres edicións da súa predecesora Puro Arte. Tomando como punto fundamental garantir a calidade dos expositores participantes na Feira, creouse un Comité de Selección que se encargará de deliberar que galerías participarán na cita que se celebrará do 14 ao 17 de xaneiro, convertíndose espacio atlántico nun dos referentes estables do mercado internacional da arte.O voso profe vai estar dentro da galería de arte Espacio 48, e coa que normalmente expón a súa obra cada certo tempo. Tedes que asistir, cadra fin de semana.

11/12/2009 20:32 plasticanxo Enlace permanente. sin tema

Bruno 9Li - The Pure Spirit of Brasil

" Bruno 9Li", así se da en chamar este artista, inspírase nas experiencias de vida diarias da poboación. Dos seus residentes así como a súa procura para o significado da vida pola espiritualidade, a alquimia e simbolismos culturais.

  A miúdo fala de todo ser un, e é profundamente consciente da unidade da xente, animais e natureza e de sí mesmo. 9Li crea as obras de arte que comparten esta visión coa súa audiencia polos encontro épicos de seres naturais e sobrenaturais. Estes encontros, dependendo (segundo) o espectador, poden ser vistos como os contos de moralidade míticos do pasado, ou un prognóstico penetrante do futuro. " Está en brasileiro, que é o que él fala. Espero que vos guste para ver algo diferente esta finde. Chao

11/12/2009 21:09 plasticanxo Enlace permanente. sin tema

DIVERTIDA EXPLICACIÓN DISNEY SOBRE A PROPORCIÓN ÁUREA

Non coñecía este pequeno fragmento dunha serie de Disney. Grazas á profesora Pilar Toro e ao seu blog http://espiralcromatica.wordpress.com/ que mo descubreu pois aquí o tedes. Como remate das clases antes das vacacións de nadal sobre a xeometría non está nada mal.

13/12/2009 17:52 plasticanxo Enlace permanente. sin tema

ALMA un video de animación fermosísimo

Unha curtametraxe de animación 3D titulada "Alma" e imaxinada polo realizador Rodrigo Blaas. A historia dunha moza intrigada polo escaparate e pola súa boneca moi parecida. Un traballo producido por Cécile Hokes, sobre unha música de MastrettaIl. Feliz aninovo e coidados cos regalos de bonecos...

Alma from Rodrigo Blaas on Vimeo.



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris