Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2009.
OUTROS FLIPBOOCKS DE 4º
Poño aquí e n youtube, outros flipboocks feitos polos alumnos/as de 4º de ESO este curso. Algúns son simplemente reproduccións de cronofotografías de Muybridge. Desfrutade deles.
PARA LER UN CHISQUIÑO NESTAS MINIVACACIÓNS
DESEÑOS DE GLENNZ AMERICANA
UN DOS MEUS BLOGS PREFERIDOS

Neste blog hai unha manchea de cousas interesantes sobre deseño, arte, videocreación, fotografía e últimas tendencias en todo elo. É un dos que máis visito.
Esta é a firección: http://www.fubiz.net/
VIDEO PARA AS NOSAS CONCIENCIAS
Neste video do Director : FlavioMac e Post-Production de Seagulls Fly. (atopeino na páxina que tanto me gusta FUBIZ) fálase dunha nova campaña de sensibilización sobre o arrequecemento climático e foi feito para a asociación portuguesa Quercus. Unha realización soberbia da axencia McCann Erickson.
ZOOTROPO XIGANTE
Nunha campaña de Sony recente para promocionar as imaxes dun producto de seu Bravia, construiron unha especie de zootropo moderno e xigantesco. As imaxes estaban postas en fotogramas e o resultado é este. Espectacular. A idea baséase no que demos en clase sobre os flipbooks e sobre a persistencia retiniana das imaxes. Segundo videos que aparecen pola rede, o seu método fai que percibamos un mellor movimento. Ei!, por certo, o futbolista que aparece nneste video é o famoso Kaká do Inter de Milan.
VIDEO PARA O FINDE CON STOPMOTION EN PAPEL
Oi Va Voi "Everytime" from Katarzyna Kijek on Vimeo
A técnica é a do stopmotion, feito con papel despois de facer os fotogramas, recortalos e poñelos de xito que pareza movimento real. Supoño que moito curro e retoques. Que disfrutedes da música.
.
VIAXE DUNHA PATACA
"eFTe - Buy local products" from Katarzyna Kijek on Vimeo
Dirixido por Katarzyna Kijek e Przemysaw Adamski Música e son Grzegorz Mako 2009
Quinto episodio " do consello do eFTe " - animacións curtas que teñen un trasfondo sobre o consumo ético.
Atendede á técnica de animación con recortábeis pero animado por ordenador, podemos falar logo de técnicas mixtas.
EXPLOSIÓN DE MÚSICA E PINTURA
KASABIAN/Shoot the runner from A.C.E on Vimeo
música video directed by Alexandre Courtès.
Este vídeo retoca as imaxes reais filmadas previamente para logo darlle un toke con rotoscopia, que agora na actualidade xa sabemos que cos ordenadores é moito máis utilizada esta técnica.
A SEMENTE
Unha viaxe animada de dous minutos polo ciclo de vida da natureza, das tribulaciones dunha humilde semente dunha mazá.
A película amablemente foi financiada polo Adobe, feita usando a súa gama de CS4 de software. Foi producida en "Producións de Conexión" e destaca unha banda sonora por: Jape. Foi feito usando unha mestura de parada fotograma a fotogramacon papercraft, e 2D a animación debuxada. os artistas son do 2D animación: Michael Zauner e da 3D animación: Eoin Coughlan
The Seed from Johnny Kelly on Vimeo
FABRICACIÓN DE "A SEMENTE" por Johnny Kelly
Isto é unha colección de películas, guións visualizados e imaxes tomadas durante a fabricación da película curta ' a Semente ', que dirixeu Johnny Kelly. Foi producido por Producións de Conexión. Fixádevos en cantas persoas traballan, nos materiais que posúen e sobre todo nunha parte do vídeo cando aparece o proceso de creación da técnica stopmotion, ou fotograma a fotograma, aparte dos pasos sobre a creación desde o guión técnico, ata a postproducción das imaxes feitas por ordenador.
Making of 'The Seed' from Johnny Kelly on Vimeo
.
O ARO. 3D ANIMACIÓN
"O aro" é unha película curta de 3D dirixida por 3 estudantes de Supinfocom Arles en 2008: Anthony Arnoux, Remi Dessinges et Guillaume Fesquet.
Os franceses hai que lembrar teñen unhas escolas de animación importantes e eso fai que hoxe poidan competir con traballos a nivel mundial con produccións coma esta. Ademáis darse conta de que se trata do traballo de estudantes, cousa que por aquí inda non se ve. Incomparables e indiscutible fermoso traballo.
From the hoop from From the hoop Team on Vimeo
.
ZAPPING
Unha curtametraxe divertida e unha película de animación que presenta un monstro desgraciado, procura acender a súa televisión desesperadamente. Unha realización de Aritz Aizpurua e do estudo español Ikso.Menos mal que existen traballos coma este no noso escenario pois grazas a eles podemos pensar que imos avanzando nos temas de animación. Para cando en Galiza. Ogallá sexa en breve con escolas de animación para poder facer cousas coma esta tan divertida.
.
Zapping from Aritz Aizpurua on Vimeo
.
UTILIZACIÓN DE PLANOS PROXECTANTES

1º debuxo que vos mostro, sérvenos como exemplo para falarvos da mellor colocación dun plano e a súa utilización nun problema típico de diédrico no referido a seccións de figuras poliédricas con planos.