Atréveste a cumprir os teus soños?
Cómo pintar ceos en óleo (e acrílico)
Técnicas: Óleo
Técnicas: O pastel
O pastel é un medio pictórico que resultou atractivo a infinidade de artistas, tanto pola luminosidad e intensidade da cor, debida á gran proporción de pigmento que as barras conteñen, como pola sencillez da súa manexo, posto que non require paleta, pinceles nin sustancias diluyentes.
O feito de que o pastel sexa unha técnica seca proporciona ao pintor a vantaxe da rapidez, xa que non se ve obrigado a esperar a que a pintura séquese para aplicar novas capas encima. Esta pintura, ademais, encerra unha interesante versatilidad que permite pintar con finas liñas superpuestas, facer veladuras e tamén traballar con empaste e cores saturadas.
A montaxe audiovisual: tipos básicos. Kuleschov
A Imaxe fílmica. As bases en cine e o audiovisual.
case tódolos contidos están recollidas nesta presentación en slidehare. A maioría dos contidos que nos daremos este curso en Cultura Audiovisual sobre a filmacion...etc
SONIDO en el lenguaje audiovisual
Puesta en escena y puesta en serie
Espacio y tiempo fílmico
Técnicas narrativas cinematográficas
1º Ilustrando pequenos textos
Esta 1ª publicación é o comezo dunha serie que quere facer este departamento para dar a coñecer o traballo do alumnado que se atopa no 2º de bacharelato de Artes plásticas, deseño e imaxe no noso IES. Queremos darlle un empurrón á dedicación, coidado e bon facer na súa aprendizaxe técnica e sensibilidade artística. Ademáis é editado en papel unha copia para que quede como lembranza do seu paso por este bacharelato e centro de ensino. Eles/elas son os/as protagonistas e polo tanto é unha especie de memoria do que foron quen de debuxar, ensaiar e deseñar na súa estadía desta etapa. A gozalo!
O departamento
NELSON MANDELA
A morte de Nelson Mandela non supón unha perda só para Sudáfrica. É unha perda para todas as persoas deste mundo que loitan pola liberdade, a xustiza e para acabar coa discriminación.
"Como líder mundial que se negou a aceptar a inxustiza, a coraxe de Nelson Mandela contribuíu a cambiar todo o noso mundo", afirmou Salil Shetty, secretario xeral de Amnistía Internacional. "A súa morte deixa un enorme baleiro, non só en Sudáfrica, senón en todo o mundo".
"O compromiso de Nelson Mandela cos dereitos humanos resúmese na sua inquebrantable vontade de erradicar a desigualdade racial durante o apartheid, así como o seu labor vital na loita contra o VIH/sida en Sudáfrica. O seu legado en África, e en todo o mundo, perdurará durante xeracións."
A súa vida de loita política e abnegación constitúe un exemplo para millóns de persoas en todo o mundo. Extraordinarios foron o seu talante baixo presión, a súa valentía e a súa integridade, e o seu compromiso coa reconciliación e o perdón fronte á vinganza e o odio.
por iso merecería millóns de entradas niste blogue, que é o voso, que é de educación pola e para a paz tamén. Un símbolo para tod@s de coraxe, candor e loita pola xustiza universal. Espero que vos interesedes por él e os seus ideas a través deste pequeno minidocu. Boa ponte da constitución.
retratos creativos
Unha serie de retratos creativos do artista Zach Rose
A exposicion COMPO5TELA na TVG
AUTORRETRATOS EN PAPEL INGRES. 2º BAC DEBUXO
Neste video, veredes o proceso de elaboración dos traballos que os/as alumnos/as de 2º do bacharelato de Artes do IES Ramón Mª Aller Ulloa, fixeron durante os meses de outono e novembro de 2013 baixo a tutela do profesor do departamento sebas rozas. Estes traballos inclúen diferentes aprendizaxes contemplados para este nivel do bac na materia de debuxo artístico II. Os materiais de debuxo máis utilizados son: os diferentes carboncillos en tamaño e forma, lápiz conté, difuminos, lápiz, goma moldeable, trapos e paciencia moita paciencia. A través de varias fases que van desde a realización da fotografía retrato, pasando polo encaixe da cabeza no papel de 100 x 70 cms, ata o acabado final, este tipo de exercicio é moi completo, pois entran en xogo, non só habilidades visuais do alumnado cando analizan e comprenden estas fases, os matices de luz, tonalidades dos grises e funcionamento dos materiais, se non que se inculca os valores sobre o gusto polo traballo ben feito, a paciencia e o esforzo. O resultado deste proceso foi grabado durante varias sesións en stopmotion e aquí o tendes. A desfrutalos!
Entrevista a Joan Fontcuberta. Artista da fotografía.
O fotógrafo Joan Fontcuberta gañou recentemente o Premio Hasselblad, considerado o Nobel da fotografía. É o primeiro español que o consegue e faino logo de 30 anos sorprendéndonos coa súa obra. Mira a charla que o artista mantivo na televisión onde nos fala dalgunhas das súas obras e sobre todo sobre os conceptos sobre a Imaxe e das fotografías, sobre a narrativa, significados, materialidade e ideas...interesantísimo.
Video promo2 COMPO5TELA
Igual que no anterior video nas entradas a este blogue, trátase do mesmo evento, pero niste caso o vídeo foi midificado para que vexades o tema do xogo que se fai entre as imaxes e a música dun xeito máis evidente...
Video promo COMPO5TELA
Neste video feito para promocionar unha exposición colectiva na que participa un dos profesores deste departamento de debuxo (Sebas Anxo), veredes unha das maneiras en cómo se pode editar un video promoción dun acto seguindo unhas pequenas regras xerais para calesquera outro evento (niste caso do eido cultural) como vos expliquei.