Curtametraxe O LIBRO
Unha rapaza chega tarde ao instituto. Polo camiño atopa un libro que decide levar máis tarde á biblioteca. Cando lle din que non está rexistrado decide quedar con él e comeza a leelo. Queda enganchada de tal maneira á lectura que deixa de asistir a clase. As súas amigas enfádanse con ela porque perciben que algo lle ocorre, e parte de razón teñen, pois algo misterioso está a ocorrer....
Este traballo foi realizado polo alumnado de cultura audiovisual en 1º de bac, unha materia na que ensinamos entre outros, os elementos básicos para a creación dun producto audiovisual ben rematado. Procuramos darlle e transmitirlle as ferramentas básicas para a realización de un producto audiovisual ben feito e ben acabado, na que dividimos o traballo en tres fases: preproducción e producción, realización e rodaxe, e finalmente edición e montaxe. Todo isto, esta materia, está dentro do bacharelato artístico!, que desfrutedes da curtametraxe!
Caderno de rodaxe:
A continuación achegámosvos o enlace para acceder ao caderno de rodaxe de "O Libro" que realizaron as alumnas de 1º de BAC de Cultura Audiovisual: Antoaneta Velikova, Victoriya Drach, Ana Pol e Xeila Fernández. Nel recóllense os pasos que se tomaron para a realización da curtametraxe (que subiremos en breves) obviando a parte de rodaxe. Este libriño consta dos seguintes apartados:
- Participantes.
- Guión literario.
- Guión técnico.
- Story board.
- Plan de rodaxe.
Teoría, no cómic. Signos, símbolos, partes dun cómic
Últimos traballos bacharelato de artes
Mostrámosvos unha serie de traballos escollidos de entre unha manchea deles con diferentes técnicas, que fixeron os/as alumnos/as dos cursos 1º e 2º de bacharelato de artes este curso 2013/14 durante os dous primeiros trimestres. Non icluimos aquí o traballo dos autorretratos a carbón pois xa o tendes en video volcado noutra das entradas a este blogue. Algúns dos traballos desta entrada forman parte de varios exercicios e colaboracións co departamento de galego para a edición dun libro poemario bai o título, "Cantar, cantamos" que recolle unha escolma de poemas de ata 35 poetas galegas e que o alumnado ilustrou para a ocasión...unha gozada!. Que desfrutedes dos seus traballos!
Últimos traballos de 2º de bacharelato
Debuxos vivos
Cada cabalete nunha Clase de debuxo capta un ángulo diferente do Modelo.
Creouse a película mediante a Edición de cada debuxo co seguinte, movéndose ao arredor do Círculo formado polas posicións dos cabaletes dos/as alumnos/as. Un video que te deixará abraiado/a
Como facer unha paisaxe con acrílico
A pintura con acrílicos
Video que mostra como usar pinturas acrílicas e como aplicalas de diferentes maneiras.
Obras de Joseph Zbukvic. Acuarelas
Increíbles traballos do acuarelista Joseph Zbukvic neste video entrevista. A técnica levada máis aló da representacion fotográfica. Consegue uns efectos ambientais e atmosféricos que xunto a unha temática paisaxística onde a luz é a protagonista deixa a calquera apampado. Disfrutade!
Redes modulares. Presentación online de Natalia Robledo
Mediante la repetición de una obtenemos una red modular.
Las redes modulares son estructuras, generalmente geométricas, que permiten relacionar, figuras iguales o semejantes (módulos), en una misma superficie.
Las redes modulares ayudan a disponer y equilibrar una composición y tienen una función eminentemente relacionada con la arquitectura y con el diseño..
La estructura de una red modular debe compactar el plano, es decir cubrirlo completamente.
Algo de Historia: Movementos artísticos do S. XIX e XX
nista presentación poderemos coñecer exemplos dos diferentes movementos artísticos ocorridos durante os séculos XIX e do XX (ata ben entrado este), as obras e os/as artistas que foron máis representativos/as. faltaríanos un percorrido pola arte galega pero deixámolo para outra ocasión.
Técnicas de debuxo e pintura.
A cor II
A cor I
Técnicas secas debuxo
O grafito
Espectro electromagnético visible
El espectro electromagnético 5. Luz visible
Toda radiación electromagnética es luz. luz visible es la única parte del espectro que podemos ver. toda tu vida, tus ojos se han basado en esta estrecha banda radiación EM para recoger información acerca del mundo. pesar de que la luz visible de nuestro Sol se ve de color blanco, en realidad es la luz combinada los colores del arco iris con longitudes de onda que van desde el violeta 380 nanómetros al rojo de 700 Antes del famoso experimento de Isaac Newton en 1665, gente pensaba que un prisma de alguna manera la luz del Sol luz blanca, ya que inclinaba y extendía un rayo de sol. Newton refutó esta idea mediante el uso de dos prismas.
Explicación: Espectro electromagnético 1
É algo que está ao teu arredor. Bombardéache e en gran parte non se pode ver, tocar, ou mesmo sentir. Onde queira que vaia é inodoro e insípido. Con todo, úsalo e dependes cada hora do día del.
Sen el, sabes que o mundo non podería existir.
¿Que é iso? A radiación electromagnética. neste video podemos achegarnos aos conceptos básicos para entender esto dun xeito xenérico. No video nº 5 desta serie fálase do espectro visible que é unha das zonas concretas das ondas electromagnéticas. tes que velo tamén!