2º BACHARELATO
CÓNICA MEDIANTE HOMOLOXÍA
Co tema de Homoloxía podemos solucionar problemas de cónica utilizando poucas liñas no debuxo. Grazas a que utilizamos V como centro desa homoloxía e as rectas LH e LT como límites poderemos resolver dun xeito rápido.
UTILIZACIÓN DE PLANOS PROXECTANTES
1º debuxo que vos mostro, sérvenos como exemplo para falarvos da mellor colocación dun plano e a súa utilización nun problema típico de diédrico no referido a seccións de figuras poliédricas con planos.
1ª OPCIÓN ÚLTIMO DÍA DE TANXENCIAS ccp
Esta é a outra solución. Como podedes ver a O (orixe da homoloxía está atopada polas tanxentes neste caso exteriores) está cara a dereita. Ok
EXPLICACIÓN ÚLTIMO DÍA DE TANXENCIAS ccp
Lembrade que este exercicio é un dos que daría 2 solucións de catro e serve como a solución do problema de Apolonio para 3 circunferencias. Soamente hai que facer que unha das circunferencias pase a ser un punto, neste caso P sería o centro da elixida. Isto faise por dilatación, nun 1º caso sumando o radio e no outro restando. Asía remataríamos con 8 solucións. Ok
SOLUCIÓN 3º EXERCICIO BACHARELATO
Tema de curvas cónicas:
Aquí temos a solución ó exercicio que estaba proposto. Fixádevos en que os puntos buscados son centros de circunferencias a 1ª máis pequena están sobre a curva e pertencen ás tanxentes.