Blogia

PLASTICANDO

O Lápis ecolóxico. Sprout

É común descartar os lápices que perden a súa lonxitude inicial e son difíciles de usar en escritura ou para debuxar. Sprout é un novo concepto de lapis, unha novidade moi interesante, xa que é á súa vez unha pranta (unha posible pranta) Isto axuda a crear a partir dun obxecto que se transforma en outra cousa con un simple xesto de prantalo. Amósanos un camiño onde os nosos xestos xa non son soamente simbólicos e indícanos un camiño cara un consumo consciente do sentido ecolóxico dos nosos actos. Axúdanos a aprender sobre:
     REDUCIR residuos a través da reciclaxe, REUTILIZAR produtos...

Sprout ("brote" en inglés) é un lápis que quere ser unha pranta, para cando no sexa útil para a escritura. Cando é moi curta para escribir, Sprout prántase para facer medrar herbas E PODEMOS TELA na casa ou na oficina ou na aula escolar. Sprout está dispoñible cunha variedade de sementes como:  Cilantro, Menta, Romeu, ou Salvia entre outras.
Sprout é un lapis simple, sen moita cor artificial e está feito a base de madeira e ten un prezo atractivo para tod@s.

No obradoiro de José Hernández. Grabado

osé Hernández, pintor, nace el 5 de enero de 1944 en la Zona Internacional de Tánger. Pertenece a una familia arraigada en esta ciudad durante generaciones y procedente, en su mayoría, de la provincia de Cádiz, también de Zaragoza y Avila.

Expone sus primeras obras en la "Librairie des Colonnes" de Tánger en 1962.

A partir de 1964 reside y trabaja en Madrid. Desde 1980 comparte residencia y taller entre Madrid y Málaga.

Se inicia en las técnicas del grabado en el año 1967. Desde entonces produce una abundante obra gráfica en la que se incluyen numerosas ediciones de libros de bibliofilia.

A su extensa labor de pintor y grabador, se añaden sus trabajos como ilustrador de libros, escenógrafo y figurinista en proyectos teatrales y cinematográficos.

Ha sido galardonado con distintos premios nacionales e internacionales en España, Alemania, Polonia, Bulgaria, Italia y Noruega.

Recibe el Premio Nacional de Bellas Artes en 1981.

Miembro de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid.

Miembro de Honor de la Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla.

Miembro Titular de la Academia Europea de las Ciencias, las Letras y las Bellas Artes de París.

30 de junio de 2006 es nombrado Hijo Adoptivo de la Provincia de Málaga.

Recibe el Premio Nacional de Arte Gráfico de 2006.

Paco Leiro. Escultura vital.

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego residente en Nova York.

De familia de artesáns, iniciouse no oficio da man do seu pai, canteiro. Coñece a madeira e o ferro ó mesmo tempo que o granito do país.

Expuxo por vez primeira na súa vila natal, en 1975. Ó ano seguinte acodeu a Madrid a unha exposición colectiva de galegos na tradicional sala Toisón, na rúa Arenal. Estivo presente nas Bienais de Pontevedra, pero non foi premiado. As mostras de ARCO, en Madrid, contan con el desde 1986.

A Galería Malbourough, templo mundial da arte contemporánea, interesouse por el e o «fichou» cando o artista aínda non cumprira 30 anos, caso único no mundo. O outro galego con obras nesta galería é o tamén pontevedrés Jorge Castillo, se ben este chegou a tal distinción cando xa contaba cincuenta anos.

Ettore Sottsass. O deseño do grupo Menphis. Italia anos 80

Neste video podemos ver varias obras do deseñador italiano Ettore Sottsass. Este autor é coñecido mundialmente polo seu deseño da máquina de escribir Valentine. Posteriormente fundou o grupo de deseño Menphis que tivo unha repercusión moi importante nos anos oitenta e que influiu na estapa do postmodernismo do deseño. As súas claves: o antifuncionalismo e as rixideces do estilo racional.

Un abecedario visual de arquitectura.

The ABC of Architects from fedelpeye on Vimeo.

THOUGHT OF YOU, de Ryan Woodward

Un video de animación simplemente para desfrutar. Unha fermosura de debuxos (utilización coa técnica da rotoscopia seguro) e acompañada dunha fermosísima canción. que o desfrutedes.

OBRADOIRO STOP-MOTION ANIRMAU 13 no IES Ramón Mª Aller Ulloa.

Video resumen do realizado durante o obradoiro de stop motion que impartiron no ANIRMAU 13 Virxiania Curiá e Tomás Conde de Algarabía produccións. O alumnado que puido traballar durante este obradoiro foron os de 1º e 2º do bacharelato de artes plásticas deseño e imaxe do IES Ramón Mª Aller Ulloa. Mediante unha serie de ferramentas como monitores, cámaras web ou cámaras fotográficas, e con materiais como cartulinas, rotuladores e pegamento o alumnado foi quen de crear unha serie de minicurtas de animación mediante o proceso de fotograma a fotograma. O proceso de animación deste tipo, en 2D foi coñecido e practicado de primeira mán polo alumnado que desfrutou durante unhas horas dun tipo de creación que pretende dar a coñecer desde fai xa tempo este Festival que está a ser unha referencia a nivel mundial. Espero que vos engaiole e que o desfrutedes.

ARDALÉN de Miguel Anxo Prado-Premio salón do cómic de Barcelona 2013

A propósito do premio que se acaba de levar o debuxante galego Miguel Anxo Prado, póñovos aquí un documental que ven máis que pintado para esta ocasión. Celebramos no departamento este premio a un dos mellores artistas galegos estamos seguros de que este video vos vai a gustar e engaiolar desde o comezo. Fálase das técnicas e da maneira de pensar, de creatividade e reflíctese nel o noso pensamento, e o voso seguro...que o desfrutedes.

Intaglio. técnicas de grabado calcográfico

Neste video podemos ver algúns dos procesos máis comúns que están dentro do denominado Intaglio. É unha palabra italiana que procede á súa vez da orixinal tagliere (tallar con cincel) e que ven a ser o proceso polo cal transferimos a un papel unha imaxe previamente elaborada. Mediante plancha metálica entintada e onde existen surcos impregnados de tinta podemos con un tórculo transferir a imaxe creada con presión. No vídeo temos a explicación de diferentes técnicas dentro do intaglio, punta seca, augaforte, augatinta...que o desfrutedes.

O Graffiti. historia breve.

Desde a prehistoria ata a arte e a publicidade de hoxendía, pasando por Nova York nos anos 60. Desfruta da historia do graffiti condensada en 3 minutos.

diseño cotidiano. De onde ven o deseño? é todo deseño?

En qué pensas cando oes falar de "obxetos de deseño"?
Con este Motion Graphics realizado por Anna Wilms descubrirás que o deseño está moito más perto de ti do que pensas.

 

 

A HISTORIA DA BANDA DESEÑADA. 2

Nesta serie de videos que están en Youtube por capítulos e do que eu soamente poño aquí o segundo (logo xa podedes vos ir ao capítulo que queirades) podemos ter unha viedoteca á nosa disposición moi completa sobre a historia da banda deseñada. Desde os comezos ata os nosos días. Imprescindible!

Sergio Jiménez: «Si deseñar é traducir, ilustrar é interpretar»

Sergio Jiménez é un ilustrador de Toledo que vive en Madrid. Anque estudou Belas Artes, e como lle gosta dicir a él mesmo, afronta os seus encargos dun xeito bastante similar á que o fan os deseñadores gráficos.

 

Nesta entrevista fálanos da relación entre a ilustración e o deseño, da gráfica activista e os movementos sociais, do seu traballo para editoriais e xornais e do proceso creativo que seguiu para crear a portada do número #02 de Monográfica, dedicado ao activismo.

Serse Rodríguez: «A investigación nos deseñadores é básica»

O deseñador gráfico Serse Rodríguez explícanos o proceso creativo que seguiu para crear a portada de Monográfica #01. Ademáis, fala do deseño gráfico e do que este é para él, así como das súas influencias e do seu proceso de traballo habitual.

VIDEO SOBRE O ECODESEÑO:Joan Rieradevall: «os deseñadores son clave para unha sociedade mellor»

Joan Rieradevall é Doctor en Ciencias Químicas, Profesor Titular e Investigador Senior do Grupo SosteniPRA (Instituto de Ciencia e Tecnoloxía Ambiental) da Universidade Autónoma de Barcelona.

 

Un dos máximos expertos españois en ecodeseño, nesta entrevista defínenos algúns conceptos clave sobre esta materia e fálanos do significativo papel que, na adopción de esta perspectiva, teñen a Administración, as empresas, os consumidores e os deseñadores.

Mini documental sobre as sufraxistas.

 

Moitas loitas se libraron e libran pola liberdade e polos dereitos. Nada custa tanto como mantela. Ata fai ben pouco, en Europa, (uns cen anos) ainda as mulleres non podían votar. Por primeira vez en Inglaterra, unha muller ocupou un cargo político e non foi ata o 1919. En españa Clara Campoamor foi a primeira muller diputada nas cortes  (república). Con esta pequena entrada, quero desde o departamento, suliñar este tema, xusto o día internacional da muller. Que o desfrutedes. Para buscar información sobre o porqué deste día, aquí: 

8 de marzo.

Día da muller traballadora (agora día internacional da muller)

Autorretratos carboncillo 2º BAC de ARTES. 2013

Nesta presentación de fotografías podemos ver os traballos expostos no centro do alumnado de 2º de bacharelato de artes plásticas feitos durante as clases da materia de debuxo artístico II durante o mes de xaneiro e febreiro. Uns autorretratos de tamaño 100x70 cm que fixeron as delicias de tódalas persoas que os puideron ver, tanto alumnado como profesorado. A técnica do carboncillo é moi útil para recrear os diferentes gradientes de luz e de sombras en traballos realistas.

CONCURSO InvestigArte

CONCURSO InvestigArte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación profesional

Investigarte foi ideado por un grupo de investigadores apaixonados da fotografía e a súa utilidade para explicar ás novas xeracións e á sociedade en xeral, as innovacións científicas e tecnolóxicas asociadas aos seus proxectos científicos.

O concurso está organizado por educaBarrié (a canle de comunicación coa comunidade educativa da Fundación Barrié), Campus Vida (o Campus de Excelencia Internacional Liderado pola Universidade de Santiago de Compostela) ,e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS); todos eles co obxectivo principal de achegar a ciencia e a tecnoloxía á nosa sociedade, a través dun concurso que pretende activar a visión artística e creativa da ciencia de alumnos diso, Bachillerato e Formación Profesional así como dos propios investigadores.

TODA A INFORMACIÓN PRECISA: aquí

 

 

ESPERO QUE VOS PRESENTEDES E O PASEDES PIPA FACENDO AS FOTOS!

Lorenzo Mattotti. Minidocu do proceso de traballo.

Neste mini documental, o ilustrador e artista Lorenzo Mattotti, fálanos do seu proceso de traballo e das claves para interpretar a súa obra. Considera a cor como un pilar fundamental do seu traballo. Axúdanos a comprender mellor os procesos creativos nos que se adentra e explicanos cómo vai configurando as imaxes que darán vida a un libro ilustrado ou banda deseñada. Tamén nos aporta as claves coas que traballan os artistas, a influencia da arte, o mundo que o rodea...

O artista concreta tamén moitos aspectos interesantes dos que soemos falar nas nosas aulas de arte: a composición, os planos, a luz, a cor...

O video está en francés e tamén os subtítulos. (Pero como él é italiano o que dí é moi doado de entender). Seguro que vos encanta como foi no meu caso. Que o desfrutedes!

Colaxes en papel do ilustrador Ojala Eiko

Colaxes en papel do ilustrador Ojala Eiko

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concentremonos no bo ilustrador Ojala Eiko (Estoniano) que creou fermosas colaxes de papel con cores diferentes que nos ofrece para composicións de éxito. Personaxes diferentes e unha selección do seu traballo na súa longa experiencia. Para descubrir máis neste enlace:

 

Ojala Eiko

 

Que o desfrutedes!