SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN 2
![]()
SISTEMA DIÉDRICO. O PUNTO
SISTEMA DIÉDRICO. A RECTA
SISTEMA DIÉDRICO FUNDAMENTOS
VIDEO DE PRESENTACIÓN DO NOSO IES.
Neste pequeno vídeo de máis ou menos un minuto, realizado polos alumnos da materia de Cultura Audiovisual podemos ver o IES baixo unha óptica diferente a como o vemos normalmente, case sempre cheo de persoas que son as que lle dan vida. Neste caso decidiuse así para que poidamos reflexionar sobre as imaxes desde os diferentes niveis de iconicidade da imaxe. A música é o "Claro de Luna" de Debussy
CÓNICA MEDIANTE HOMOLOXÍA
Co tema de Homoloxía podemos solucionar problemas de cónica utilizando poucas liñas no debuxo. Grazas a que utilizamos V como centro desa homoloxía e as rectas LH e LT como límites poderemos resolver dun xeito rápido.
FOTOS CREATIVAS DE CHEMA MADOZ
Como estamos co tema "natureza da imaxe" en 1º de Bac, na asigantura de Cultura audiovisual, pareceume interesante porvos unha presentación de fotografías do artista madrileño (1958) Chema Madoz, que traballa coa imaxe dun xeito especial. Propón outros significados aos obxectos dependendo da súa colocación ou por que se asemellan ao que quere expresar e a outros diferentes.
ÓPERA SIEGFRIED
SIEGFRIED from Martin Inda on Vimeo.
Co gallo de que este ano no instituto comezarase unha nova andaina no currículo pois déronlle a posibilidade de facer a modalidade de artes no apartado de artes musicais danza e escénicas, pois subo este ideo que incorpora diferentes aspectos da plástica e das devanditas artes, todas xuntas para un obxectivo común. Impresionante video que non se pode deixar de ver.
Un vídeo sobre Antony Gormley
Podemos ver neste video cómo traballa o artista no seu estudio as ideas como as plantexa e logo unha obra realixzada para unha cidade. Fermoso video cunha cadencia sonora moi chula, relaxante. Ese estudio alucinante.
Pode verse neste enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=-66Su3yN9io
UN VIDEO DE MAKOTO YABUKI
Fermoso video que parece estar feito con cartulinas.
White Box from makoto yabuki on Vimeo.
VIDEO SURFACE. BAIXO A SUPERFICIE
SURFACE : A film from underneath from tu on Vimeo.
SUPERFICIE: Ideas Concepts.
O concepto de Sinfonía Urbana é a composición visual e de audio da cidade, que é xerada polo contacto entre obxectos físicos, xente ou animais coa superficie da terra(razón). Noutras palabras, da perspectiva subterránea, os obxectos que se caen, fan rodar ou tocan a terra(razón) crean sons e visuals.
PELÍCULA SUPERFICIAL: Unha Película desde abaixo. Dirixido por Varathit Uthaisri
PINTURA CIRCULAR. STOPMOTION
eEn novembro de 04.2008 Do Colectivo Wooster: Unha Mosca Sobre a Parede é o momento de saída deste "timelapse", o control de movemento nunha película de lona circular feita para a Canle de Descubrimento en Sudáfrica. O tema era o ambiente e as respostas do artista a iso. Numerosos artistas da rúa, músicos, pintores e animadores contribuíron o seu talento (oito en total) e tempo para a causa durante un período dunhas 12 horas para facer ao final unha película de 2 minutos. Vía. chunnel.tv | |
Circular Painting from Fly on the Wall on Vimeo.
OU A ESCULTURA REALISTA DE RON MUECK
O escultor Ron Mueck traballa con Látex e pintando minuciosamente as texturas, pero desde tamaños que non son realistas. Na arte contemporánea hai pois diferentes xeitos de traballar e tódolos estilos teñen cabida. O vídeo está en francés a unha entrevista dunha das súas exposicións na fundación Cartier en París do 2006.
PRIMAVERA NO ESTUDIO DE MANOLO PAZ
extraordinario mini documento sobre a obra do escultor cambadés, Manolo Paz. Poden verse esculturas en diferentes lugares do xardín. Ollade pois as diferencias coa escultura no pasado. Agora a escultura reflexa contidos da natureza, incluso xoga con ela. As formas mudaron claramente e él ten unha visión poética da creación. Agora o artista é un canalizador de sensibilidades e pensamentos a través da materia.
A ESCULTURA DAS VANGARDAS
A escultura das vangardas: "os ismos" dos que vos falei na clase, coas claves, os autores áis importantes. breves comentarios sobre as características. ide collendo nomes e ideas para afianzar coñecementos. Mirade cómo as formas se foron simplificando e tamén abstraendo. A forma fermosa xa non é o que era nas épocas clásicas do arte.
ESCULTURA RENACENTISTA
Agora que estamos coa escultura e o volume nesta etapa final de curso, tedes aquí diferentes momentos da escultura. De momento, algo breve sobre escultura no Renacemento: os autores máis importantes, as súas claves; definido nun brevísimo percorrido polas obras máis destacables. Para profundizar, se eu fose vos, veríao unhas cantas veces e collería apuntes. Logo buscaría os nomes dos artistas e as súas obras en libros na biblioteca. Importante: nunca deixar de apuntar nunha libretiña a editorial e título do libro, as fontes de información. Logo irán outros videos de épocas diferentes para que vexades as diferencias e a evolución na escultura e nos conceptos da arte.
CURTAMETRAXE SINXELA E FERMOSA
Unha curtametraxe e unha bela animación de Quimby the Mouse, personaxe de vello debuxo animado a Felix The Cat creado por Chris Ware. Este rato vive días melancólicos, nunha aventura gris e azul(terrible), animada(presentada) por Juan Kuramoto. Todo sobre unha canción de Andrew Bird.
Quimby The Mouse from This American Life on Vimeo.
ROTOSCOPIA NUN VIDEOCLIP
Fermosa realización do clip do grupo Fight Like Apes polo artista Eoghan Kidney, que transforma a imaxe grazas a unha raia (tiro) de ilustración a través de rotoscopia, á vez groseira e chea de enerxía.
Fight Like Apes - Tie Me up in Jackets from ξοgΙιαη κιdηεγ on Vimeo.