The Ostrich
The Ostrich from Lucas Zanotto on Vimeo.
Nesta pequena cutametraxe podedes ver un uso moi fermoso e axeitado do papel e fixarvos en como se escollen ben os planos no cine e na fotografía. Bautizada como "The Ostrich" = A avestruz, e estou seguro que realizado con cámara (Canon EOS-5D Mark II Digital SLR Camera) ou similar este deseñador fai un exercicio perfecto do ritmo e movemento do boneco. Lucas Zanotto é un artista gráfico e director de varias curtas e deseños web e que traballa e vive en Berlín. O seu traballo foi descuberto no festival creativo Pictoplasma. O sound-deseño é asinado por David Kamp.
Elementos do Debuxo Artístico
DIEDRICO 2º BAC, SECCIONS, ABATIMENTOS...
ALMA un video de animación fermosísimo
Unha curtametraxe de animación 3D titulada "Alma" e imaxinada polo realizador Rodrigo Blaas. A historia dunha moza intrigada polo escaparate e pola súa boneca moi parecida. Un traballo producido por Cécile Hokes, sobre unha música de MastrettaIl. Feliz aninovo e coidados cos regalos de bonecos...
Alma from Rodrigo Blaas on Vimeo.
DIVERTIDA EXPLICACIÓN DISNEY SOBRE A PROPORCIÓN ÁUREA
Non coñecía este pequeno fragmento dunha serie de Disney. Grazas á profesora Pilar Toro e ao seu blog http://espiralcromatica.wordpress.com/ que mo descubreu pois aquí o tedes. Como remate das clases antes das vacacións de nadal sobre a xeometría non está nada mal.
ESPACIO ATLÁNTICO 2010. Librillo de obras Sebas Anxo
Ensínovos, varias obras nunha especie de librillo en ISSUU, do que posiblemente exporei en Vigo. Esta edición da feira espacio atlántico presenta unha gran cantidade de novidades respecto ás tres edicións da súa predecesora Puro Arte. Tomando como punto fundamental garantir a calidade dos expositores participantes na Feira, creouse un Comité de Selección que se encargará de deliberar que galerías participarán na cita que se celebrará do 14 ao 17 de xaneiro, convertíndose espacio atlántico nun dos referentes estables do mercado internacional da arte.O voso profe vai estar dentro da galería de arte Espacio 48, e coa que normalmente expón a súa obra cada certo tempo. Tedes que asistir, cadra fin de semana.
APUNTES PDF "NATUREZA DA IMAXE"
Apuntes sobre a natureza da imaxe e sobre os niveis de iconicidade para 1º de Bacharelato na asignatura de Cultura Audiovisual. Podedes ir sobre outros enlaces que teñen que ver con isto e que xa están publicados en vídeos neste mesmo blog ben indo sobre o historial de entradas ou ben indo ao apartado de videos publicados. Lembro que son interesantes os xogos de sentido e de semántica que coas imaxes fotográficas de obxectos fai o artista Chema Madoz, vídeo que xa publiquei fai algún tempo. e que podedes ir nesta dirección: CHEMA MADOZ en youtube.
SISTEMA CÓNICO 4º DE ESO EN PDF
E aquí tedes os apuntes sobre sistema cónico de representación, para que tamén votedes un vistazo. podedes ampliar clicando na imaxe e apareceravos noutra xanela e de ahí ampliar con mandos que o propio issuu ten. Por hoxe no tocante ao debuxo técnico de 4º vale.
SISTEMA DIÉDRICO 4º DE ESO FÁCIL PDF
Aquí tedes este PDF sobre o sistema diédrico para que votedes unha visual de cómo funciona nos seus elementos principais. Desde a representación dun punto sobre os planos proxectantes, ata as rectas máis importantes.
Grandeur Nature 2007 curta en "timelapse"
Grandeur Nature 2007 timelapse movie from David Coiffier on Vimeo.
Un gran vídeo realizado para o Grandeur Nature filme festival de 2007 co obxectivo de destacar a beleza da paisaxe dos alpes europeos. Utilizando a técnica de timelapse onde se toman series de fotos cada certo tempo e logo estas móntanse en vídeo. Realmente paga a pena. A"flipar" co video e a música. Se queres velo mellor clica no título debaixo deste video.
Polígonos: clasificación e construcción desde a circunferencia
Máis sobre os polígonos. Apuntes
Os polígonos regulares
Diferentes lugares do anuncio de ANIRMAU 10
O NOVO ANIRMAU 10
O novo Festival de Animación está case feito. Faltan retoques de última hora. Este curso estamos introducindo algúns cambios e mellorando o xa feito dende logo. Haberá claro, unidades didácticas con diferentes aportacións de distintos departamentos, os DVDs coas súas carátulas, libro do festival, merchandising, e moitas, moitas curtas. Adiantamos que este ano ANIRMAU 10, ben cheiño de sorpresas con novos apartados da animación. Veranse curtas, desde a perspectiva da publicidade, o videomusical a educación, o videoarte e por suposto o apartado de ficción e oficial. Fantástico non? Este curso, o profe de Música estivo traballando moito, para ter preparadas unhas sesións de calidade. Estivemos buscando, rebuscando e o resultado que estamos a percibir que pode ser é o dun serio e interesante Festival no voso instituto. Déixovos con algunhas das ideas que foron xurdindo no campo visual mentres traballamos neste Anirmau.
ACHÉGASE O COMEZO DE ANIRMAU 10
ATENCIÓN ALUMNOS/AS. ESTÁ CASE ANIRMAU
A REPORTAXE FOTOGRÁFICA
![]()
M.C. ESCHER - A arte do imposible
Neste vídeo didáctico descubrimos os procesos nos que estivo traballando M.C.Escher durante moito tempo. Creaba cadros nos que utilizaba o tema como fondo e forma á vez. Tamén está relacionado o seu traballos coas redes modulares, con figuras que resultan deconcertantes e enigmáticas...unha maravilla para contemplar.


