Blogia
PLASTICANDO

curtametraxe de Lucas zanotto

En Nova York, o alcalde Bloomberg defendeu recentemente algunhas restricións controvertidas sobre a venda de bebidas gasosas azucaradas, o que desatou debates acerca de cando o goberno debe intervir para protexer a saúde dos cidadáns.
Aínda que non todos están de acordo acerca das tácticas do Sr. Bloomberg, os riscos para a saúde das bebidas gasosas azucaradas son evidentes. Ou polo menos deberían ser. Nun esforzo por difundir o coñecemento sobre os temas e empresas que fabrican estas bebidas, o Centro para a Ciencia no Interese Público lanzou unha campaña baixo o título Os Osos de Verdade. A animación é de Lucas Zanotto, un dos mellores animadores actuais. Aquí volo deixo. Cunha banda sonora alternativa de Jason Mraz.

0 comentarios