Blogia
PLASTICANDO

TÉCNICAS DE EXPRESIÓN GRÁFICO PLÁSTICAS

Técnicas secas debuxo

O grafito

Cómo pintar ceos en óleo (e acrílico)

Técnicas: Óleo

Técnicas: O pastel

O pastel

O pastel é un medio pictórico que resultou atractivo a infinidade de artistas, tanto pola luminosidad e intensidade da cor, debida á gran proporción de pigmento que as barras conteñen, como pola sencillez da súa manexo, posto que non require paleta, pinceles nin sustancias diluyentes.
O feito de que o pastel sexa unha técnica seca proporciona ao pintor a vantaxe da rapidez, xa que non se ve obrigado a esperar a que a pintura séquese para aplicar novas capas encima. Esta pintura, ademais, encerra unha interesante versatilidad que permite pintar con finas liñas superpuestas, facer veladuras e tamén traballar con empaste e cores saturadas.

1º Ilustrando pequenos textos

 

LINK ISSUU

Esta 1ª publicación é o comezo dunha serie que quere facer este departamento para dar a coñecer o traballo do alumnado que se atopa no 2º de bacharelato de Artes plásticas, deseño e imaxe no noso IES. Queremos darlle un empurrón á dedicación, coidado e bon facer na súa aprendizaxe técnica e sensibilidade artística. Ademáis é editado en papel unha copia para que quede como lembranza do seu paso por este bacharelato e centro de ensino. Eles/elas son os/as protagonistas e polo tanto é unha especie de memoria do que foron quen de debuxar, ensaiar e deseñar na súa estadía desta etapa. A gozalo!

 

 

O departamento

Intaglio. técnicas de grabado calcográfico

Neste video podemos ver algúns dos procesos máis comúns que están dentro do denominado Intaglio. É unha palabra italiana que procede á súa vez da orixinal tagliere (tallar con cincel) e que ven a ser o proceso polo cal transferimos a un papel unha imaxe previamente elaborada. Mediante plancha metálica entintada e onde existen surcos impregnados de tinta podemos con un tórculo transferir a imaxe creada con presión. No vídeo temos a explicación de diferentes técnicas dentro do intaglio, punta seca, augaforte, augatinta...que o desfrutedes.

Colaxes en papel do ilustrador Ojala Eiko

Colaxes en papel do ilustrador Ojala Eiko

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concentremonos no bo ilustrador Ojala Eiko (Estoniano) que creou fermosas colaxes de papel con cores diferentes que nos ofrece para composicións de éxito. Personaxes diferentes e unha selección do seu traballo na súa longa experiencia. Para descubrir máis neste enlace:

 

Ojala Eiko

 

Que o desfrutedes!

Bambú e paxaro con tinta china

Técnicas de grabado

neste vídeo móstranse as técnicas de grabado máis habituais e resumidas. O grabado calcográfico, en madeira e en metal, ademáis a litografía e a serigrafía.

Técnicas: Acrílico

Neste video veredes unha introducción á técnica do acrílico.

Técnicas: Pastel

nete video veremos oa técnica do pastel dunha maneira amena e doada, a utilización da técnica nas súas fases básicas, tipo de papel axeitado, como se presenta o material e os xeitos de facer máis habituais.

Técnicas: Acuarela

Neste vídeo sinxelo, veremos os materiais usados na técnica da acuarela, os xeitos máis básicos e técnicas variadas no uso da acuarela.

fabricación de papel caseiro

neste video observaremos como facer papel caseiro dun xeito sinxelo

Documental fabricacion do papel

Como se fabrica o papel? minidocumental

Neste "mini"documental podesdes ver moi resumido e rápidamente os procesos que se utilizan e cos que se fabrica o papel nunha fábrica dos EEUU. 

técnicas de Debuxo e Pintura: O Pastel

taller de creación a travesa en compostela

 

Este espazo está situado no número 17 da rúa A Travesa en Santiago de Compostela. ata o de agora, 19 artistas de diferentes disciplinas, comparten un obradoiro de creación e de exposición. entre eles está o voso profesor do departamento de debuxo. Hai persoas de diferentes nacionalidades e cada quen desenvolve o seu xeito de traballar con colaboracións puntuais entre eles. Pódese visitar de 19:00 hrs a 22:00 de luns a venres e ver traballar aos que estean nese momento, ademáis das exposicións colectivas e individuais que se mostran. estades invitados/as todos/as a pasarvos por alí.