Blogia
PLASTICANDO

CULTURA AUDIOVISUAL

ALMA un video de animación fermosísimo

Unha curtametraxe de animación 3D titulada "Alma" e imaxinada polo realizador Rodrigo Blaas. A historia dunha moza intrigada polo escaparate e pola súa boneca moi parecida. Un traballo producido por Cécile Hokes, sobre unha música de MastrettaIl. Feliz aninovo e coidados cos regalos de bonecos...

Alma from Rodrigo Blaas on Vimeo.

APUNTES PDF "NATUREZA DA IMAXE"

Apuntes sobre a natureza da imaxe e sobre os niveis de iconicidade para 1º de Bacharelato na asignatura de Cultura Audiovisual. Podedes ir sobre outros enlaces que teñen que ver con isto e que xa están publicados en vídeos neste mesmo blog ben indo sobre o historial de entradas ou ben indo ao apartado de videos publicados. Lembro que son interesantes os xogos de sentido e de semántica que coas imaxes fotográficas de obxectos fai o artista Chema Madoz, vídeo que xa publiquei fai algún tempo. e que podedes ir nesta dirección: CHEMA MADOZ en youtube.