CULTURA AUDIOVISUAL
Técnicas narrativas cinematográficas
Entrevista a Joan Fontcuberta. Artista da fotografía.
O fotógrafo Joan Fontcuberta gañou recentemente o Premio Hasselblad, considerado o Nobel da fotografía. É o primeiro español que o consegue e faino logo de 30 anos sorprendéndonos coa súa obra. Mira a charla que o artista mantivo na televisión onde nos fala dalgunhas das súas obras e sobre todo sobre os conceptos sobre a Imaxe e das fotografías, sobre a narrativa, significados, materialidade e ideas...interesantísimo.
Edición de video
Video dos obradoiros en ANIRMAU11
Timelapse2 de Anirmau11
TIme lapse de Anirmau11
Taller Stopmotion ANIRMAU 11
Presentación Anirmau 11 oficial
Se Hollywood é a meca do cine, do 25 ao 30 de abril ese título podería ostentalo Lalín. Polo menos se falamos do cine de animación. A capital acollerá o I Festival Didáctico de Animación Anirmau 11, que dá continuidade a dúas iniciativas previas desenvolvidas con menor dimensión no instituto Ramón María Aller, que segue organizando o certame con Severiano Casalderrey como referente. Nesta ocasión presentáronse 232 traballos de 38 países de catro continentes, dos que se seleccionaron 112 para a competición. Unha cifra espectacular que superou con fartura as expectativas iniciais. Neste enlace podedes ver a noticia na Voz de galicia | |

A percepción. Os apuntes dados. presentación recomendada polo Ministerio de Educación e Ciencia.
Sintaxe visual
Percepción. Leis da percepción 1.
Presentación sobre as leis da percepción. 1º Cultura Audiov.
Traballo sobre o collage
Hª do CINE
Todos os stopmotion xuntos
Broken Fingaz, un graffiti en stop-motion.
Broken Fingaz -Graffiti Stop Motion from Broken Fingaz on Vimeo.
Seguindo un pouco na continuidade do traballo do artista urbano Blu con Combo, velaquí esta película realizada do equipo " Broken Fingaz, " procedente de Israel. Do graffiti pásase a unha curta stopmotion, sobre unha música da banda The Glitch Mob. Que o disfrutedes. Agora estamos xa con anirmau e esta técnica vai ser traballada a partires do 30 de Abril, nun taller que xa está organizado.
ANIRMAU 10. MES DE ABRIL NO TEU INSTITUTO.
<!-- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->
Facendo honra ao seu nome, ANIrmau’10 ven ateigado de importantes novidades e melloras coas que pretendemos crear un evento cinematográfico o máis completo e atractivo posible dentro das posibilidades do noso ámbito educativo. As novidades afectan á estruturación do festival que vai contar cos catro grandes apartados que sinalamos a continuación:Sección Oficial de Curtametraxes, Sección Oficial de Novos Medios, Sección Retrospectivas e Sección Animación por Idades. Pola súa banda, cada un deles contará con outros apartados internos e que nos serven para dotar ao festival dunha mellor organización, podendo anticipar que se manteñen os apartados para as diferentes técnicas, así como a nova inclusión de aspectos como a Publicidade ou o Vídeo Musical.
E aquí tedes o resultado "Un mural vivo"
Census "Living Mural" DK from Bryce Wymer on Vimeo.
The Ostrich
The Ostrich from Lucas Zanotto on Vimeo.
Nesta pequena cutametraxe podedes ver un uso moi fermoso e axeitado do papel e fixarvos en como se escollen ben os planos no cine e na fotografía. Bautizada como "The Ostrich" = A avestruz, e estou seguro que realizado con cámara (Canon EOS-5D Mark II Digital SLR Camera) ou similar este deseñador fai un exercicio perfecto do ritmo e movemento do boneco. Lucas Zanotto é un artista gráfico e director de varias curtas e deseños web e que traballa e vive en Berlín. O seu traballo foi descuberto no festival creativo Pictoplasma. O sound-deseño é asinado por David Kamp.