SEMANA AUDIOVISUAL GALEGO EN LALÍN
1ª OPCIÓN ÚLTIMO DÍA DE TANXENCIAS ccp
Esta é a outra solución. Como podedes ver a O (orixe da homoloxía está atopada polas tanxentes neste caso exteriores) está cara a dereita. Ok
EXPLICACIÓN ÚLTIMO DÍA DE TANXENCIAS ccp
Lembrade que este exercicio é un dos que daría 2 solucións de catro e serve como a solución do problema de Apolonio para 3 circunferencias. Soamente hai que facer que unha das circunferencias pase a ser un punto, neste caso P sería o centro da elixida. Isto faise por dilatación, nun 1º caso sumando o radio e no outro restando. Asía remataríamos con 8 solucións. Ok
CREATIVIDADE 2
CREATIVIDADE 1
Sir Ken Robinson, fala neste video sobre a educación e a creatividade, e non ten desperdicio
A IMAXE DO CARTEL DE ANIRMAU 09
BREVE COMEZO HISTORIA DA ANIMACIÓN
PPC
Como se ve, as circunferencias tanxentes deben estar sobre a mediatriz de AB, e isto conséguese atopando o CR común a todas. 1º cunha circunf calquera para atopar o eixo radical e utilizando AB como outro eixo. A partires de ahí, 2º atopamos as tanxentes á dada e unimos co seu centro, así atoparemos prolongando sobre a mediatriz os puntos, centros de circunferencias exactas, que buscamos, sendo dúas posibles solucións. Fixádevos que as rectas tanxentes serían de igual potencia, a todas as que vemos, desde CR.
SOLUCIÓN 1º EXERCICIO 2º BAC.
Como se ve, o que había que facer era 1º a circunf focal por F2, atopar o simétrico de F1 cunha perpendicular á recta e buscar unha circunferencia calquera que cortase a CF2. Asía atopamos co corte dos ER1 e ER2 o CR que buscamos. Desde ahí, facer a tanxente a CF2 e Unir eses puntos co foco F2. Na unión atopamos o corte. Aqui aparécevos debuxada a elipse. xa sabedes que non fai falla debuxala, pero así quedan demostrados mellor os puntos de corte.
ENLACE CONTIDOS DA HISTORIA DA FOTOGRAFÍA
Nesta Url podedes irvos a o tema da historia da fotografía e consultar autores, científicos e inventos sobre a fotografía. É de Wikipedia pero mireino e está moi ben.
http://es.wikipedia.org/wiki/Historia_de_la_fotograf%C3%ADa
DOUS FLIPBOOKS DA CLASE DE 4º
RETRATOS 4º DE ESO
Estes traballos son retratos de artistas e personaxes recoñecidos no mundo das artes. cada un/unha buscou o seu retrato e logo fixéronse unha fotografía e colocando a mesma diante súa. O exercicio resulta moi interesante e motivador. Espero que vos guste.
SOLUCIÓN 3º EXERCICIO BACHARELATO
Tema de curvas cónicas:
Aquí temos a solución ó exercicio que estaba proposto. Fixádevos en que os puntos buscados son centros de circunferencias a 1ª máis pequena están sobre a curva e pertencen ás tanxentes.
A HISTORIA DA FOTOGRAFÍA
AS COMPETENCIAS e A PLÁSTICA E VISUAL
figuriñas
SOBRE O DEBUXO TÉCNICO
outra foto


