Blogia
PLASTICANDO

EDUCACIÓN E SOCIEDADE

O valor da Creatividade

Atréveste a cumprir os teus soños?

NELSON MANDELA

A morte de Nelson Mandela non supón unha perda só para Sudáfrica. É unha perda para todas as persoas deste mundo que loitan pola liberdade, a xustiza e para acabar coa discriminación.

"Como líder mundial que se negou a aceptar a inxustiza, a coraxe de Nelson Mandela contribuíu a cambiar todo o noso mundo", afirmou Salil Shetty, secretario xeral de Amnistía Internacional. "A súa morte deixa un enorme baleiro, non só en Sudáfrica, senón en todo o mundo".

"O compromiso de Nelson Mandela cos dereitos humanos resúmese na sua inquebrantable vontade de erradicar a desigualdade racial durante o apartheid, así como o seu labor vital na loita contra o VIH/sida en Sudáfrica. O seu legado en África, e en todo o mundo, perdurará durante xeracións."

A súa vida de loita política e abnegación constitúe un exemplo para millóns de persoas en todo o mundo. Extraordinarios foron o seu talante baixo presión, a súa valentía e a súa integridade, e o seu compromiso coa reconciliación e o perdón fronte á vinganza e o odio.

por iso merecería millóns de entradas niste blogue, que é o voso, que é de educación pola e para a paz tamén. Un símbolo para tod@s de coraxe, candor e loita pola xustiza universal. Espero que vos interesedes por él e os seus ideas a través deste pequeno minidocu. Boa ponte da constitución.

Mini documental sobre as sufraxistas.

 

Moitas loitas se libraron e libran pola liberdade e polos dereitos. Nada custa tanto como mantela. Ata fai ben pouco, en Europa, (uns cen anos) ainda as mulleres non podían votar. Por primeira vez en Inglaterra, unha muller ocupou un cargo político e non foi ata o 1919. En españa Clara Campoamor foi a primeira muller diputada nas cortes  (república). Con esta pequena entrada, quero desde o departamento, suliñar este tema, xusto o día internacional da muller. Que o desfrutedes. Para buscar información sobre o porqué deste día, aquí: 

8 de marzo.

Día da muller traballadora (agora día internacional da muller)

Documental

documental sobre outros modelos de educación. na sociedade actual as críticas á escola actualmente e como caben outros modelos nos que verdadeiramente ocurre o feito educativo.

REDES: A escola do mañá...(para profesores)

Deixo este video aquí para que o miren os/as profesores/as sobre todo. Saeu na emisión do programa Redes o 19 Decembro de 2010 e paréceme moi interesante...tamén para vos alumnos/as que vos interese saber algo sobre o ensino desde o punto de vista da pedagoxía...Nunca fora tan marcado o abismo entre dúas xeracións. Mentres os nenos de hoxe fan os seus deberes con axuda de Internet e crecen mergullados nas redes sociais, os adultos e profesores seguen aplicando unha educación anquilosada, baseada en formas de vida de fai dous séculos, sometida á presión dos resultados académicos e ás axendas políticas. Richard Gerver, un dos líderes educativos actuais máis inspiradores cre en devolver a paixón polo ensino aos profesores e o pracer da aprendizaxe aos alumnos. Aínda que isto non será posible ata que os mozos expresen o que esperan do mundo e a educación lles axude a atopar o seu lugar na sociedade.

Libro "Uso de internet nas redes sociais de Galiza"