Blogia
PLASTICANDO

ANIMACIÓN

Video promo dun curso de animación de Barry Purves

Entrevista a Fernando Cortizo. O Apóstolo. Cine Galego de Animación

O proceso de animación da longametraxe O Apóstolo: a primeira en toda Europa. Unha xoia do cine de animación que se estreou en 2010, hai xa seis anos.

Plastianimacion. Entrevista a Pablo Llorens

Un xeito persoal de animación:

Vemos un exemplo de bon facer irrepetible, cunhas boas doses de sensibilidade e técnica de animación, nesta xoven muller artista, chamada Dina Velikovskaya. Que o desfrutedes.

THOUGHT OF YOU, de Ryan Woodward

Un video de animación simplemente para desfrutar. Unha fermosura de debuxos (utilización coa técnica da rotoscopia seguro) e acompañada dunha fermosísima canción. que o desfrutedes.

OBRADOIRO STOP-MOTION ANIRMAU 13 no IES Ramón Mª Aller Ulloa.

Video resumen do realizado durante o obradoiro de stop motion que impartiron no ANIRMAU 13 Virxiania Curiá e Tomás Conde de Algarabía produccións. O alumnado que puido traballar durante este obradoiro foron os de 1º e 2º do bacharelato de artes plásticas deseño e imaxe do IES Ramón Mª Aller Ulloa. Mediante unha serie de ferramentas como monitores, cámaras web ou cámaras fotográficas, e con materiais como cartulinas, rotuladores e pegamento o alumnado foi quen de crear unha serie de minicurtas de animación mediante o proceso de fotograma a fotograma. O proceso de animación deste tipo, en 2D foi coñecido e practicado de primeira mán polo alumnado que desfrutou durante unhas horas dun tipo de creación que pretende dar a coñecer desde fai xa tempo este Festival que está a ser unha referencia a nivel mundial. Espero que vos engaiole e que o desfrutedes.

curtametraxe de Lucas zanotto

En Nova York, o alcalde Bloomberg defendeu recentemente algunhas restricións controvertidas sobre a venda de bebidas gasosas azucaradas, o que desatou debates acerca de cando o goberno debe intervir para protexer a saúde dos cidadáns.
Aínda que non todos están de acordo acerca das tácticas do Sr. Bloomberg, os riscos para a saúde das bebidas gasosas azucaradas son evidentes. Ou polo menos deberían ser. Nun esforzo por difundir o coñecemento sobre os temas e empresas que fabrican estas bebidas, o Centro para a Ciencia no Interese Público lanzou unha campaña baixo o título Os Osos de Verdade. A animación é de Lucas Zanotto, un dos mellores animadores actuais. Aquí volo deixo. Cunha banda sonora alternativa de Jason Mraz.

Animación de Anthony Francisco Schepperd

Vídeo da música oficial para Blockhead de ’A Escena Music.

Unha mente animada fúndese cun humano en Nova York, onde aparecen unha TV e animais. Todo o elenco para unha banda sonora sinceramente melódica de Blockhead que se titula ’A Escena Music.