Neste video podemos ver algúns dos procesos máis comúns que están dentro do denominado Intaglio. É unha palabra italiana que procede á súa vez da orixinal tagliere (tallar con cincel) e que ven a ser o proceso polo cal transferimos a un papel unha imaxe previamente elaborada. Mediante plancha metálica entintada e onde existen surcos impregnados de tinta podemos con un tórculo transferir a imaxe creada con presión. No vídeo temos a explicación de diferentes técnicas dentro do intaglio, punta seca, augaforte, augatinta...que o desfrutedes.