Este espazo está situado no número 17 da rúa A Travesa en Santiago de Compostela. ata o de agora, 19 artistas de diferentes disciplinas, comparten un obradoiro de creación e de exposición. entre eles está o voso profesor do departamento de debuxo. Hai persoas de diferentes nacionalidades e cada quen desenvolve o seu xeito de traballar con colaboracións puntuais entre eles. Pódese visitar de 19:00 hrs a 22:00 de luns a venres e ver traballar aos que estean nese momento, ademáis das exposicións colectivas e individuais que se mostran. estades invitados/as todos/as a pasarvos por alí.