Blogia
PLASTICANDO

Nova exposición de SEBAS ANXO. (o voso querido profesor)

A galería de arte Espazo48 presenta a exposición "trans-form.as" do artista Sebas Anxo, que se inaugurará o vindeiro xoves 14 de Abril ás 20.00 horas e permanecerá aberta ata o 3 de Xuño do presente ano.

Sebas Anxo (A Modia, Cambados, 1971) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realiza as súas primeiras exposicións no ano 1992. Destacamos entre estas a última realizada na Galería Espazo48 en 2007 "olor-d-olor", así como a celebrada na Sala Araba da Caixa Vital de Vitoria en 2004. participou en diversas mostras colectivas, entre elas na "Mostra luso-galaica d´arte contemporânea no Espaço Adrat de Chaves (Portugal) en 2002; a 1º Gran Mostra de Pintores Galegos Actuais en Galería Galicia Arte de Ourense, no mesmo ano; e Botón de Mostra no Museo de Roberto Raggio en Bos Aires (Arxentina) en 1999. recibiu ao longo da súa carreira diversos recoñecementos, entre eles a bolsa de Valdearte en 1999, así como un accésit no III Premio Pintura Eixo Atlántico en 2001.

O novo proxecto que presenta en Espazo48 insiste no collage como medio de expresión esencial, complementando este con pintura, debuxo e outras técnicas que converten a súa obra nunha interesante combinación baseada na técnica mixta. Continúa o artista a súa indagación sobre as formas, profundando cada vez máis na transformación paulatina que van sufrindo os personaxes que aparecen e desaparecen no soporte, entre as distintas capas de papel.

Podedes ver a presentación da mostra, neste enlace da galería de arte Espacio 48

0 comentarios