Se Hollywood é a meca do cine, do 25 ao 30 de abril ese título podería ostentalo Lalín. Polo menos se falamos do cine de animación. A capital acollerá o I Festival Didáctico de Animación Anirmau 11, que dá continuidade a dúas iniciativas previas desenvolvidas con menor dimensión no instituto Ramón María Aller, que segue organizando o certame con Severiano Casalderrey como referente. Nesta ocasión presentáronse 232 traballos de 38 países de catro continentes, dos que se seleccionaron 112 para a competición. Unha cifra espectacular que superou con fartura as expectativas iniciais. Neste enlace podedes ver a noticia na Voz de galicia