Blogia
PLASTICANDO

ESCULTURA RENACENTISTA

Agora que estamos coa escultura e o volume nesta etapa final de curso, tedes aquí diferentes momentos da escultura. De momento, algo breve sobre escultura no Renacemento: os autores máis importantes, as súas claves; definido nun brevísimo percorrido polas obras máis destacables. Para profundizar, se eu fose vos, veríao unhas cantas veces e collería apuntes. Logo buscaría os nomes dos artistas e as súas obras en libros na biblioteca. Importante: nunca deixar de apuntar nunha libretiña a editorial e título do libro, as fontes de información. Logo irán outros videos de épocas diferentes para que vexades as diferencias e a evolución na escultura e nos conceptos da arte.

0 comentarios