Blogia

PLASTICANDO

Xa podemos ver na rede ata 17 Museos gracias a unha aplicación de Google:

Xa podemos ver na rede ata 17 Museos gracias a unha aplicación de Google:

Google presentou un máis dos seus servizos. Neste caso trátase de Art Project no cal traballou durante os últimos meses xunto a 17 museos entre os que se atopan os maiores do mundo. http://www.googleartproject.com/ ; Neste proxecto os visitantes virtuais poderemos movernos polo interior dos museos seleccionados, entrar nas súas salas e observar as súas coleccións. Nun nivel de detalle máis específico, cada museo da lista deu libre acceso para que se faga unha profundización de certas obras emblemáticas, utilizando para iso unha tecnoloxía fotográfica de gigapíxeles ou súper-alta resolución. Cada obxecto deste tipo está formado por uns 14.000 millóns de píxeles que permiten ver detalles como ao natural: as pinceladas, a carga de pintura, as luces e sombras nos máis mínimos detalles.
Os museos tamén proporcionaron imaxes de alta resolución para unha selección de máis de 1.000 obras de arte entre as que se inclúen traballos de Goya, Hans Holbein, Botticelli, Cezánne, etc. Con este amplísimo menú artístico poderás facer realidade o soño de ter a túa pinacoteca desexada, xa que podes armar a túa propia colección virtual para ver e recrearte con ela tantas veces como queiras.

Os museos que participaron do proxecto son:
Altes Nationalgalerie, Berlín, Alemaña, Gemäldegalerie, Berlín, Alemaña
Colección Frick, Nova York, EE.UU.; Galería Freer do Smithsonian, Wáshington DC, EE.UU. ; MoMA, The Museum of Modern Art, Nova York, EE.UU.
The Metropolitan Museum of Art, Nova York, EE.UU. ,Museo Reina Sofía, Madrid, España, Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid, España
Palacio de Versalles, Francia; Galería dos Uffizi, Florencia, Italia
Galería Tretyakov, Moscova, Rusia ; Museo Hermitage, San Petersburgo, Rusia
Museo Kampa, Praga, República Checa ; Museo Van Gogh, Ámsterdam, Países Baixos
Rijksmuseum, Ámsterdam, Países Baixos ; National Gallery, Londres, Reino Unido
e a Tate Britain, Londres, Reino Unido.

Neste enlace podes entrar: http://www.googleartproject.com/

O sistema educativo é anacrónico

Para profes e non: nos últimos 50 anos as esferas económica, cultural e persoal deron un envorco no mundo enteiro. E con todo, os sistemas educativos non moveron un chisco os seus programas e os seus obxectivos. Por que se aburren os nenos e nenas no colexio? Por que chegan ao mundo adulto sen ter idea dos seus propios talentos e capacidades?. O líder en educación e creatividade Ken Robinson chama o vindeiro domingo en Redes a demoler unha educación nacida para e polas sociedades industriais. A sociedade da información actual necesita mozos creativos e motivados. Todos posuímos un talento, todos temos a capacidade de ser creativos; e a maioría vivimos sen sabelo, convencidos moitas veces de que o creativo é aquel que sabe compor melodías, ou escribir

Novo capítulo do programa redes dedicado á educación.

 

Debuxos de 1º de Bac. Materia Debuxo artístico

Make an on-line slideshow at www.OneTrueMedia.com
Estes debuxos foron feitos pol@s alumn@os de 1º de bac neste trimestre onde practicaban o claroscuro coa técnica do carboncillo. Ao final sairon algunhas cousas moi interesantes.

lembranza sobre o traballo de fotografía "un día na miña vida de estudante"

HEZARFEN curtametraxe

Hezarfen from Hezarfen on Vimeo.

REDES: A escola do mañá...(para profesores)

Deixo este video aquí para que o miren os/as profesores/as sobre todo. Saeu na emisión do programa Redes o 19 Decembro de 2010 e paréceme moi interesante...tamén para vos alumnos/as que vos interese saber algo sobre o ensino desde o punto de vista da pedagoxía...Nunca fora tan marcado o abismo entre dúas xeracións. Mentres os nenos de hoxe fan os seus deberes con axuda de Internet e crecen mergullados nas redes sociais, os adultos e profesores seguen aplicando unha educación anquilosada, baseada en formas de vida de fai dous séculos, sometida á presión dos resultados académicos e ás axendas políticas. Richard Gerver, un dos líderes educativos actuais máis inspiradores cre en devolver a paixón polo ensino aos profesores e o pracer da aprendizaxe aos alumnos. Aínda que isto non será posible ata que os mozos expresen o que esperan do mundo e a educación lles axude a atopar o seu lugar na sociedade.

Procesos traballo creadores en TVE Miguel Anxo Prado

os oficios da cultura - 15/12/10


trastenda da creación de historietas, explicada polos creadores como Miguel anxo Prado (Trazo de xiz), Roger Ibáñez (Jazz Maynard) e outros nun interesante vídeo de TVE, na serie Os oficios da cultura:
Os oficios da cultura foi emitido o 15/12/10. gardo que vos guste e que o teñades visto para a volta de nadal. Felises festas...

Proceso de traballo sobre siluetas de persoeiros do Deza.

Open publication - Free publishing - More dibujo. Aquí temos o libriño de explicación do proceso de traballo seguido para a realización de siluetas a un tamaño máis que aceptable para calquera que queira facelo. é moi sinxelo pero leva o seu tempo. Agora só nos queda pasalo a unha parede mediante as plantillas que fixemos...

Elemento configurador da imaxe. A liña

La línea
View more presentations from Mario Ibarra (Paté). Debuxo Artístico I: Nesta presentación en slideshare vemos as características da liña e como elemento configurador dunha imaxe. A importancia que ten para o debuxo artístico e as diferencias entre os tipos e direccións no debuxo e na arte. As súas aplicacións e os tipos máis comúns. 

A percepción. Os apuntes dados. presentación recomendada polo Ministerio de Educación e Ciencia.

Para esta fin de semana unha cousa curiosa. Robot?, humano?


Japan unveils 'Divabot'
Cargado por itnquirky. - Videos de noticias recién publicadas.

Sintaxe visual

Percepción. Leis da percepción 1.

Presentación sobre as leis da percepción. 1º Cultura Audiov.

Teoría e leis Percepción
View more presentations from nazgulmau. Nesta presentación poderedes ver un resumo moi completo sobre o tema da percepción para ampliar os apuntes que vos din este trimestre. teredes que repasalo varias veces para recordalo ben.

Traballo sobre o collage

Traballo sobre o collage

A linguaxe do cine

Manual Cine

Aquí tedes o tríptico con informacion do bacharelato de artes

Open publication - Free publishing - More estudios

Xa temos o Bacharelato Artístico

Xa temos o Bacharelato Artístico

 

Xa está aquí o bacharelato artístico, no voso IES. Próximamente será publicado no DOG. Estamos facendo uns trípticos con información deste tipo de Modalidade e a semana que ven teredes conta das cousas tan fascinantes que poderedes estudar con este bacharelato. Tamén hai que ter en conta que esta zona do Deza é moi grande e seguramente cubrirá unha demanda dos diferentes centros educativos dos arredores e da cidade de Lalín. Traballaremos gustosamente con quen queira apuntarse a esta nova etapa. Enlace coa noticia na Voz de Galicia

Hª do CINE

Los comienzos del Cine
View more presentations from Elena . Nesta presentación podedes bucear sobre a historia do cine un pouquiño máis ampliada que nos apuntes dados na aula, sobre os precursores e sobre os pioneiros.

Enlace para estudo das curvas cónicas

 

 

PARA VER AS CURVAS CÓNICAS ENLACE