Blogia
PLASTICANDO

DESEÑO INDUSTRIAL

Medio século de deseño español. RTVE2

Medio século de deseño español. RTVE2

Enlace ao VÍDEO Documental.

No documental amósase ao público dun xeito agradable a importancia que tivo no desenvolvemento industrial e económico de España o deseño. Desde os anos 60 ata a actualidade farase un percorrido cronolóxico e explicativo do deseño en España.

sistema de Alvar Aalto e Korhonen para taburete n 60 (1933)

deseño italiano dos 50, 60...

Alvar Aalto, deseño. mini documental. sub castelán

EILEEN GRAY deseñadora adiantada ao seu tempo

Exposición de obxectos do Styling e o Streamline americanos

Styling e streamline en imaxes e textos resumo de autores

Styling e straemline en idioma portugués (brasil)

Raymond Loewy minidocu en francés

Raymond Loewy o deseñador total

BAUHAUS: a faciana do século XX

Este documental ten como obxectivo, contar a historia da Bauhaus, observando a relación da Escola cos grandes acontecementos políticos e sociais da súa Época. A través de testimonios de expertos, exalumnos e exprofesores da Bauhaus (incluido o seu fundador Walter Gropius) enterámonos dos obxectivos e forma de funcionamento que tivo a Escola nas súas diferentes etapas: os seus comezos en Weimar, a súa reapertura en Dessau e o seu posterior traslado cara Berlin, onde pecharía definitivamente a causa da persecución nazi.

O Lápis ecolóxico. Sprout

É común descartar os lápices que perden a súa lonxitude inicial e son difíciles de usar en escritura ou para debuxar. Sprout é un novo concepto de lapis, unha novidade moi interesante, xa que é á súa vez unha pranta (unha posible pranta) Isto axuda a crear a partir dun obxecto que se transforma en outra cousa con un simple xesto de prantalo. Amósanos un camiño onde os nosos xestos xa non son soamente simbólicos e indícanos un camiño cara un consumo consciente do sentido ecolóxico dos nosos actos. Axúdanos a aprender sobre:
     REDUCIR residuos a través da reciclaxe, REUTILIZAR produtos...

Sprout ("brote" en inglés) é un lápis que quere ser unha pranta, para cando no sexa útil para a escritura. Cando é moi curta para escribir, Sprout prántase para facer medrar herbas E PODEMOS TELA na casa ou na oficina ou na aula escolar. Sprout está dispoñible cunha variedade de sementes como:  Cilantro, Menta, Romeu, ou Salvia entre outras.
Sprout é un lapis simple, sen moita cor artificial e está feito a base de madeira e ten un prezo atractivo para tod@s.

Ettore Sottsass. O deseño do grupo Menphis. Italia anos 80

Neste video podemos ver varias obras do deseñador italiano Ettore Sottsass. Este autor é coñecido mundialmente polo seu deseño da máquina de escribir Valentine. Posteriormente fundou o grupo de deseño Menphis que tivo unha repercusión moi importante nos anos oitenta e que influiu na estapa do postmodernismo do deseño. As súas claves: o antifuncionalismo e as rixideces do estilo racional.

diseño cotidiano. De onde ven o deseño? é todo deseño?

En qué pensas cando oes falar de "obxetos de deseño"?
Con este Motion Graphics realizado por Anna Wilms descubrirás que o deseño está moito más perto de ti do que pensas.

 

 

VIDEO SOBRE O ECODESEÑO:Joan Rieradevall: «os deseñadores son clave para unha sociedade mellor»

Joan Rieradevall é Doctor en Ciencias Químicas, Profesor Titular e Investigador Senior do Grupo SosteniPRA (Instituto de Ciencia e Tecnoloxía Ambiental) da Universidade Autónoma de Barcelona.

 

Un dos máximos expertos españois en ecodeseño, nesta entrevista defínenos algúns conceptos clave sobre esta materia e fálanos do significativo papel que, na adopción de esta perspectiva, teñen a Administración, as empresas, os consumidores e os deseñadores.

Silla-cama

Parece un saco de durmir e sen embargo é moi doado conseguir algo máis del. É realmente flexible para que un poida manipulalo con facilidade. Apoiado sobre un tambor pódese enrolar sobre sí mesmo, dándolle unha pequena volta. É unha poltrona e un elegante asento ademáis de se transformar nunha cama. Ide mirando destas ideas na materia de deseño de 2º de bac. As ideas sinxelas e creativas son moi interesantes. para chegar a elas haberá que pasar varias fases do proceso en deseño.

O deseño é de Géza Csire que ten esta páxina propia:


http://www.gezacsire.com/

Historia deseño industrial

outra presentación sobre a historia do deseño industrial

Historia do deseño

Unha boa presentación sobre a historia do deseño. É moi completo pois vai desde os comezos ata os nosos días incluindo un apartado final de deseño español.