Blogia
PLASTICANDO

4º ESO

Psicoloxía da GESTALT video divulgativo RTVE

Leis Gestalt exemplos prácticos

leis da gestalt

Luz e Volume

Triángulo imposible

Aqui podemos ver unha das múltiples figuras imposibles. Mediante unha cartulina poderemos facer unha figura en tres dimensións. despois e desde un punto de vista axeitado daranos a sensación de ser posible que esa figura exista na realidade. Comezamos?

Como facer un Tangram

Traballos en Plástica e Visual

Esta serie de fotografías foron feitas sobre os traballos dos alumnos e alumnas de 4º de ESO. O tema era facer mediante reciclaxe e outros materiais un prototipo acabado dunha papeleira e que tivese unha forma atractiva e novedosa. Baixo a supervisión da profesora de Plástica temos unha serie de deseños fermosísimos e simpáticos. Ne a mesma tenda famosa Sueca o pode igualar...

Make a video - it’s fun, easy and free!
www.onetruemedia.com

PIXILACION E STOPMOTION CURSILLO DE ANIRMAU 10

Aquí tedes o resultado dun dos vídeos que fixemos no curso que deu Sergio Mella, durante as sesións de Anirmau 10. A técnica empregada é a do stopmotion, fotograma a fotograma e ao ser animación con persoas denomínase pixilación. Xa vedes, outro exemplo de que con paciencia e bon facer podemos conseguir cousas estupendas. Púxenlle un anaco da música que saía no show de benny hill pois parecíame que cadraba moi ben. Igual para o ano esta animación pode ser a cabeceira das sesións, xa se verá. Irei subindo o resto dos traballos durante esta semana se podo. Saúdos...

FIGURAS EN 4º DE ESO SOBRE PROPORCIÓN E ARTE ABSTRACTO

<!-- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->

Estes días estamos facendo un traballo sobre a figura humana, as súas proporcións e falando sobre a arte abstracta e artistas mundialmente recoñecidos destes movementos, e aquí tedes o video que montaron os compañeiros de cultura audiovisual con música de Vangelis. Agardade un chisco polo segundo dos vídeos. Subímolo a Youtube pero ten limitado poder baixalo como debe ser. grazas a todos/as pola participación.

UNHA PRESENTACION SOBRE A PROPORCIÓN

La Proporcion
View more presentations from Lucía Alvarez. nesta interesante presentación recollida do fascinante blog de Lucía Álvarez móstrase a proporción, as escalas, o canon de beleza e a sección áurea. Material que estamos a dar. está en castelán. Igual o ano que ven co seu permiso o poño en galego...

Máis sobre os polígonos. Apuntes

poligonos
View more presentations from almudena_casaio.
Nesta outra presentación podedes ver a clasificación dun xeito distinto, en varias páxinas, ademáis aparecen as áreas tamén.

Os polígonos regulares

poligonos
View more presentations from franchumds.
Aquí tendes a clasificación máis sinxeliña para unha folla que puiden atopar. Así vades poder imprimila se queredes. Sévenos para estudala e tela presente cando fagamos algúns exercicios.

SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

DESEÑOS DE GLENNZ AMERICANA

Estes deseños son da empresa Glennz americana e como se pode ver aparte están moi ben currados, con ideas sinxelas teñen un punto de crítica e con humor moi da nosa sociedade de consumo e da nosa cultura visual occidental. Xa sabedes, se queredes visitar a súa páxina é esta: http://blog.glennz.com non ten desperdicio.
teñen os dereitos e claro algunhas imaxes están collidas da súa propia páxina con unha resolución baixa. xa sabedes que non se poden coller para vendelas. Os dereitos de autor son o primeiro.

PARA LER UN CHISQUIÑO NESTAS MINIVACACIÓNS

Estes pequenos textos atopeinos nun blog do que son agora adicto: mundodu.net que está cheio de fermosas pequenas historias. Eu traducino ao galego, pois tiña ganas de que houbese cousas pululando por ahí no noso idioma. A verdade é que collía un poco máis de interese. Xa vedes, tedes completiño un rato nestas vacacións.

OUTROS FLIPBOOCKS DE 4º

Poño aquí e n youtube, outros flipboocks feitos polos alumnos/as de 4º de ESO este curso. Algúns son simplemente reproduccións de cronofotografías de Muybridge. Desfrutade deles.

CATÁLOGO ANIRMAU

A IMAXE DO CARTEL DE ANIRMAU 09

A IMAXE DO CARTEL DE ANIRMAU 09

RETRATOS 4º DE ESO

Estes traballos son retratos de artistas e personaxes recoñecidos no mundo das artes. cada un/unha buscou o seu retrato e logo fixéronse unha fotografía e colocando a mesma diante súa. O exercicio resulta moi interesante e motivador. Espero que vos guste.


Make photo slide shows at www.OneTrueMedia.com