Facebook Twitter Google +1     Admin

premiad@s world press photo de 2017

20170514133856-m2aj3s1qzzvayrcapet2.jpg

 

 

 

 

Unha escolma dos/as premiados/as no concurso anual de world press photo

nas diferentes categorías que existen.

Preme AQUÍ  ou na foto para ver a escolma que fixo o diario EL PAÍS das fotos premiadas



Tipos de publicidade en internet. Exemplos

20170423221547-tipos-publicidad-online.png

a publicidade en internet ten varios  xeitos en aparecer. Aquí tes un resumo de como aparece nas páxinas, nos móbiles e en outros dispositivos dixitais hoxendía.

exemplos de publicidade social

20170419231641-109305-12-880-e2e47cc67f-1484636050.jpg

 

 

Neste enlace tedes varios exemplos de publicidade social.

Publicidade dos anos 76 a 79

Nesta recompilación de "spots" publicitarios poderemos observar varias cuestións que estamos a ver no apartado da publicidade, neste caso na televisiva: os temas dos roles sociais, o sexismo, a utilización das diferentes estratexias dunha marca nas campañas publicitarias, o valor do texto, dos diálogos, o son e a música, a utilización dos elementos visuais, o encadre os movementos de cámara, a angulación e os diferentes aspectos narrativos propios da linguaxe audiovisual, pero tamén os aspectos implícitos e explícitos, a metáfora, a metonimia etc...todo en definitiva o que foi e é utilizado na publicidade para aumentar as ventas ou promocionar dun prtoducto.

O Gabinete do Doctor Caligari. 1920. Cine Expresionista

El gabinete del doctor Caligari (1920) from Diosas de las Sombras on Vimeo.

O gabinete do doutor Caligari (titulada originalmente en alemán Dás Cabinet deas Dr. Caligari) é unha película muda de 1920 dirixida por Robert Wiene, a partir dun guion cinematográfico de Hans Janowitz e Carl Mayer.

A cinta é considerada como a primeira película expresionista da historia e unha das películas expresionistas alemás máis influintes. O expresionismo foi unha idade dourada do cine, onde os maiores representantes foron: Fritz Lang, Georg Wilhelm Pabst, F.W. Murnau e Paul Wegener. O expresionismo influiría logo, por exemplo, en Alfred Hitchcock.

Esta película é citada como a primeira que introduciu o xiro argumental ("volta de tuerca") no cine. Foi unha das primeiras películas producidas nos estudos alemáns UFA. Destacan os decorados distorsionados, que crean unha atmosfera amenazante, polo que é considera unha das mellores películas de terror de todos os tempos.

A película trata dun doutor chamado Caligari famoso en toda Alemania grazas a Cesar, o seu axudante. Este estivo durmido durante 23 anos e converteuse no fiel compañeiro de Caligari. Ambos chegan ao pequeno pobo alemán de Holstenwall para mostrar o seu número. Mentres tanto, Francis e o seu amigo Alan deciden ir ata alí para ver o impresionante espectáculo do doutor Caligari. Tralo show, Cesar asegura a Alan que morrerá antes do amencer. Sorprendentemente, a profecía cúmprese e Alan morre. A partir deste momento, Francis comeza a investigar quen é realmente o doutor Caligari e que se agocha tras ese estrano espectáculo.



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris