Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2014.

Sebastiao Salgado: fotógrafo. Breves apuntes de vida e obra.

Sebastião Salgado é un dos fotógrafos documentais máis importantes do mundo. 
Doutor en economía, descubriu a fotografía como un medio de sensibilización
para de pequenos fenómenos sociais. Nacido en Minas Xerais, Brasil,
documentou a vida dos traballadores sen terra no seu país, dos excluídos, dos
esquecidos en todo o mundo. Formou parte da prestixiosa axencia de fotografía
Magnum e publicou unha manchea de libros de fotografía que tiveron e ainda
teñen unha grande repercusión sobre a fotografía actual. Está considerado un dos
fotógramos máis relevantes do panorama fotográfico mundial.
04/11/2014 12:29 plasticanxo Enlace permanente. sin tema

"O LIBRO" A nosa curta premiada!

A curtametraxe "O LIBRO" feito polo alumnado do voso centro educativo durante o curso 13/14 en bacharelato artístico, e coa supervisión do profesor de Debuxo acaba de acadar o 2º premio para curtas de ensino secundario no V concurso "OUFF Escola" dentro da 19 edición de cine de Ourense. Entre os actores e actrices que participaron están: Xeila Fernández, Antoaneta Velikova, Victoria Drach, Ana García Pol, José Manuel González, Xosé Paío,. A edición e a montaxe, as gravacións e todo o traballo foi realizado durante as clases de cultura audiovisual. 

Parabéns aos/ás premiados/as. Desfrutade da curta!



Básico sobre a luz en fotografía e vídeo!

A directora de fotografía e docente de Eima, Rita Noriega, explícanos os principais esquemas de iluminación e repasa os conceptos básicos de iluminación: luz principal, luz de reencho, luz de contra, triángulo de Rembrandt, stico, luz dura, luz suave. Este videotutorial está coproducido por Eima e Falco Films.



Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris