Unha rapaza chega tarde ao instituto. Polo camiño atopa un libro que decide levar máis tarde á biblioteca. Cando lle din que non está rexistrado decide quedar con él e comeza a leelo. Queda enganchada de tal maneira á lectura que deixa de asistir a clase. As súas amigas enfádanse con ela porque perciben que algo lle ocorre, e parte de razón teñen, pois algo misterioso está a ocorrer....

Este traballo foi realizado polo alumnado de cultura audiovisual en 1º de bac, unha materia na que ensinamos entre outros, os elementos básicos para a creación dun producto audiovisual ben rematado. Procuramos darlle e transmitirlle as ferramentas básicas para a realización de un producto audiovisual ben feito e ben acabado, na que dividimos o traballo en tres fases: preproducción e producción, realización e rodaxe, e finalmente edición e montaxe. Todo isto, esta materia, está dentro do bacharelato artístico!, que desfrutedes da curtametraxe!