Blogia
PLASTICANDO

Últimos traballos bacharelato de artes

Mostrámosvos unha serie de traballos escollidos de entre unha manchea deles con diferentes técnicas, que fixeron os/as alumnos/as dos cursos 1º e 2º de bacharelato de artes este curso 2013/14 durante os dous primeiros trimestres. Non icluimos aquí o traballo dos autorretratos a carbón pois xa o tendes en video volcado noutra das entradas a este blogue. Algúns dos traballos desta entrada forman parte de varios exercicios e colaboracións co departamento de galego para a edición dun libro poemario bai o título, "Cantar, cantamos" que recolle unha escolma de poemas de ata 35 poetas galegas e que o alumnado ilustrou para a ocasión...unha gozada!. Que desfrutedes dos seus traballos!

0 comentarios