Blogia
PLASTICANDO

O Lápis ecolóxico. Sprout

É común descartar os lápices que perden a súa lonxitude inicial e son difíciles de usar en escritura ou para debuxar. Sprout é un novo concepto de lapis, unha novidade moi interesante, xa que é á súa vez unha pranta (unha posible pranta) Isto axuda a crear a partir dun obxecto que se transforma en outra cousa con un simple xesto de prantalo. Amósanos un camiño onde os nosos xestos xa non son soamente simbólicos e indícanos un camiño cara un consumo consciente do sentido ecolóxico dos nosos actos. Axúdanos a aprender sobre:
     REDUCIR residuos a través da reciclaxe, REUTILIZAR produtos...

Sprout ("brote" en inglés) é un lápis que quere ser unha pranta, para cando no sexa útil para a escritura. Cando é moi curta para escribir, Sprout prántase para facer medrar herbas E PODEMOS TELA na casa ou na oficina ou na aula escolar. Sprout está dispoñible cunha variedade de sementes como:  Cilantro, Menta, Romeu, ou Salvia entre outras.
Sprout é un lapis simple, sen moita cor artificial e está feito a base de madeira e ten un prezo atractivo para tod@s.

0 comentarios