Blogia
PLASTICANDO

Paco Leiro. Escultura vital.

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego residente en Nova York.

De familia de artesáns, iniciouse no oficio da man do seu pai, canteiro. Coñece a madeira e o ferro ó mesmo tempo que o granito do país.

Expuxo por vez primeira na súa vila natal, en 1975. Ó ano seguinte acodeu a Madrid a unha exposición colectiva de galegos na tradicional sala Toisón, na rúa Arenal. Estivo presente nas Bienais de Pontevedra, pero non foi premiado. As mostras de ARCO, en Madrid, contan con el desde 1986.

A Galería Malbourough, templo mundial da arte contemporánea, interesouse por el e o «fichou» cando o artista aínda non cumprira 30 anos, caso único no mundo. O outro galego con obras nesta galería é o tamén pontevedrés Jorge Castillo, se ben este chegou a tal distinción cando xa contaba cincuenta anos.

0 comentarios