20110325222507-dibujo.png

Google presentou un máis dos seus servizos. Neste caso trátase de Art Project no cal traballou durante os últimos meses xunto a 17 museos entre os que se atopan os maiores do mundo. http://www.googleartproject.com/ ; Neste proxecto os visitantes virtuais poderemos movernos polo interior dos museos seleccionados, entrar nas súas salas e observar as súas coleccións. Nun nivel de detalle máis específico, cada museo da lista deu libre acceso para que se faga unha profundización de certas obras emblemáticas, utilizando para iso unha tecnoloxía fotográfica de gigapíxeles ou súper-alta resolución. Cada obxecto deste tipo está formado por uns 14.000 millóns de píxeles que permiten ver detalles como ao natural: as pinceladas, a carga de pintura, as luces e sombras nos máis mínimos detalles.
Os museos tamén proporcionaron imaxes de alta resolución para unha selección de máis de 1.000 obras de arte entre as que se inclúen traballos de Goya, Hans Holbein, Botticelli, Cezánne, etc. Con este amplísimo menú artístico poderás facer realidade o soño de ter a túa pinacoteca desexada, xa que podes armar a túa propia colección virtual para ver e recrearte con ela tantas veces como queiras.

Os museos que participaron do proxecto son:
Altes Nationalgalerie, Berlín, Alemaña, Gemäldegalerie, Berlín, Alemaña
Colección Frick, Nova York, EE.UU.; Galería Freer do Smithsonian, Wáshington DC, EE.UU. ; MoMA, The Museum of Modern Art, Nova York, EE.UU.
The Metropolitan Museum of Art, Nova York, EE.UU. ,Museo Reina Sofía, Madrid, España, Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid, España
Palacio de Versalles, Francia; Galería dos Uffizi, Florencia, Italia
Galería Tretyakov, Moscova, Rusia ; Museo Hermitage, San Petersburgo, Rusia
Museo Kampa, Praga, República Checa ; Museo Van Gogh, Ámsterdam, Países Baixos
Rijksmuseum, Ámsterdam, Países Baixos ; National Gallery, Londres, Reino Unido
e a Tate Britain, Londres, Reino Unido.

Neste enlace podes entrar: http://www.googleartproject.com/