Blogia
PLASTICANDO

PIXILACION E STOPMOTION CURSILLO DE ANIRMAU 10

Aquí tedes o resultado dun dos vídeos que fixemos no curso que deu Sergio Mella, durante as sesións de Anirmau 10. A técnica empregada é a do stopmotion, fotograma a fotograma e ao ser animación con persoas denomínase pixilación. Xa vedes, outro exemplo de que con paciencia e bon facer podemos conseguir cousas estupendas. Púxenlle un anaco da música que saía no show de benny hill pois parecíame que cadraba moi ben. Igual para o ano esta animación pode ser a cabeceira das sesións, xa se verá. Irei subindo o resto dos traballos durante esta semana se podo. Saúdos...

0 comentarios