<!-- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->

Facendo honra ao seu nome, ANIrmau’10 ven ateigado de importantes novidades e melloras coas que pretendemos crear un evento cinematográfico o máis completo e atractivo posible dentro das posibilidades do noso ámbito educativo. As novidades afectan á estruturación do festival que vai contar cos catro grandes apartados que sinalamos a continuación:Sección Oficial de Curtametraxes, Sección Oficial de Novos Medios, Sección Retrospectivas e Sección Animación por Idades. Pola súa banda, cada un deles contará con outros apartados internos e que nos serven para dotar ao festival dunha mellor organización, podendo anticipar que se manteñen os apartados para as diferentes técnicas, así como a nova inclusión de aspectos como a Publicidade ou o Vídeo Musical.