Census "Living Mural" Case Study DK from Bryce Wymer on Vimeo.

<!-- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->

Estamos de aniversario. Levamos un ano exactamente co Blog do departamento de Debuxo, e esto segue a funcionar, moito, mellor e con máis forza que nunca. Houbo de todo un pouco nesta andaina de subir cousas á rede, pero podemos dicir con orgullo que estamos no bon camiño, para facer deste blog, o voso blog de apoio para os vosos intereses pola materia. Quero que saibades que estamos moi interesados no departamento por ampliar as materias da rama de artes no voso instituto e neso andamos, imaxinade, aulas de debuxo artístico, de modelado, de fotografía, un sin fin de cousas para poder expresarse e crear. O que hoxe vos deixo aquí é un regaliño que quero que vexades, un video fantástico a xeito de "documental ou making-of" dunha curta.

Fixádevos canta xente traballa para unha animación e unha curta, a alegría e o bon rollo que teñen, a seriedade e a profesionalidade tamén coa que se traballa e sobre todo o esforzo e o orgullo de cómo as persoas todas xuntas cunha mesma causa e que están no mundo das artes son capaces de transportarnos a mundos xenerosos de fantasía. Desde os técnicos de luz pasando polos debuxantes, os actores, os figurinistas, etc, todos e todas nunha mesma idea. Para mín as artes son case todo, e gustaríame que un chisco desta enerxía que me dades, vola poida devolver neste regaliño.

A "Cociña Dixital Nova York", a compañía do video fai unha mestura sen costuras de acción atractiva viva e animación debuxada. Está creado para os EU o Censo e a axencia Globalhue.
Dirixido por Rama Allen e Bryce Wymer, o Dk'ers tamén recrutou a axuda das mans de animación do equipo Augenblick Estudos.

 

30 sec spot produced by Digital Kitchen NY.
Directors: Bryce Wymer and Rama Allen.
Designers: Bryce Wymer and Rama Allen.
Editor: Ryan McKenna.
Executive Producer: Abbe Daniel.
Senior Producer: Danielle Amaral.
Line Producer: Dawn Rose.
VFX Supervisor: Arman Matin and Josh Laurence
Lead Compositor: Josh Laurence
Artists Bryce Wymer Augenblick Studios, Matt Morris, Isaac Orloff, Michael Marsicano, Soo Jin Chung, Chris Carboni, Zack Mason.
DP: Martin Ahlgren.
Animators: Bryce Wymer, Chris Carboni, Augenblick Studios
Music: Dirty Little Jazz Ditty by Take
Agency: Globalhue