Blogia
PLASTICANDO

O NOVO ANIRMAU 10

Image and video hosting by TinyPic

O novo Festival de Animación está case feito. Faltan retoques de última hora. Este curso estamos introducindo algúns cambios e mellorando o xa feito dende logo. Haberá claro, unidades didácticas con diferentes aportacións de distintos departamentos, os DVDs coas súas carátulas, libro do festival, merchandising, e moitas, moitas curtas. Adiantamos que este ano ANIRMAU 10, ben cheiño de sorpresas con novos apartados da animación. Veranse curtas, desde a perspectiva da publicidade, o videomusical a educación, o videoarte e por suposto o apartado de ficción e oficial. Fantástico non? Este curso, o profe de Música estivo traballando moito, para ter preparadas unhas sesións de calidade. Estivemos buscando, rebuscando e o resultado que estamos a percibir que pode ser é o dun serio e interesante Festival no voso instituto. Déixovos con algunhas das ideas que foron xurdindo no campo visual mentres traballamos neste Anirmau.

0 comentarios